EF PORTERO 2000, MORAÑA CF e CALDAS CF triunfan na MORAÑA CUP 2014.

Excelente ambiente o vivido na xornada de hoxe no campo de O Buelo para presenciar o torneo de fútbol 8.

Coa amenaza da climatoloxía comenzou o campionato, e xa dende ben cedo os equipos comenzaron a facer as delicias de tódolos afeccionados. Na xornada matinal desarrollouse as fases de grupo da categoría Alevín e Benxamín, quedando establecido os equipos clasificados para as semifinais, no caso da categoría maior.

Logo da pausa para zantar chegou o prato forte do día coa posta en escena da categoría Biberón, que sen dúbida foron os que máis ánimo recibiron dende as bancadas, unhas bancadas ateigadas de xente durante toda a tarde. A medida que foron chegando o memento das semifinais, foi gañando en emoción o torneo, deixando para o recordo un sinfín de xogadas de callidade e intervención moi meritorias dos gardametas.

Na categoría Biberon resulto gañador o Caldas C.F., inda que todos os participantes engancharon o público que vibrou sobremaneira coas evolución dos máis pequenos.

Na categoría Alevín, o Portero 2000 chegou a final despois de eliminar o equipo anfitrión nun partido moi disputado. O seu rival na final sería o Portas. Ambos equipos disputaron o encontro máis emocionante do torneo e só no treito final o Portero 2000 foi capaz de desfacer a igualada cun fermoso tanto de vaselina. O Portas puido forzar os penaltis pero cando todo parecía que chegaba o empate o travesaño repeliu o disparo e o Portero 2000 proclamouse campión da categoría.

Na categoría intermedia o Moraña CF proclamouse campión despois de superar o Barro CF. Ambos equipos disputaron un torneo fantástico. Destacar o terceiro posto acadado polo Moraña CF B, que pese a ser os máis cativos da categoría competiron de maneira fenomenal.

Noraboa os campión e gracias o todos, equipos, pais, colaboradores e patrocinadores.

Vémonos o vindeiro ano!!!

MORAÑA CUP 2014 RESULTADOS

Compárteo!

1 comentario

  1. Como bien dice el reportaje gran día de partidos y buena competicion de todos los equipos, cada cual más competitivo desde los pequeños hasta los mas mayorcitos aunque niños son, gran ambiente de publicos con unos padres muy entregados y educados, la deportividad no solo se vio en el campo, y la pena esa fue el ultimo partido entre Portero 2000 y Portas C.F en Alevines no fuera partido completo a 2 partes ya que fue muy emocionante hasta el ultimo segundo, enhorabuena al ganador y Portas a seguir luchando.

Deixa un Comentario