• Merecido pase a Oitavos

  • Catro Xuveniles e un Cadete participaron no encontro

Dezaseisavos da Copa Deputación, xogados no Buelo na noite do venres. Un encontro no que o sorteo deparou un derbi entre os nosos e os veciños do Campo Lameiro C.D. Para este encontro, Fabio contou con varios xogadores da base, dándolle a oportunidade de debutar no Primeiro Equipo e de dar os seus primeiros pasos dentro do Fútbol Amateur.

O encontro comezou  mal para os nosos, co gol de Pierna no minuto 5. Pero antes da media hora, Borja Fuentes facía o empate (minuto 29). Este empate 1-1 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade, chegou o segundo gol do Moraña C.F., que o poñía en vantaxe, sendo en propia porta de Sergio no minuto 52. A vantaxe pola mínima deixaba o encontro aberto para a reacción visitante, pero foi un dos xuveniles elexidos para este encontro, Pereira, quen no minuto 66 facía o 3-1. Pese a que o Campo Lameiro tentou de recortar, o marcador non se moveu, e o Moraña pasa a Oitavos. Noraboa aos nosos, e sobre todo a estes rapaces que están chamados a ser a columna vertebral do equipo nos vindeiros anos. Gran traballo de todos!!

Nas vindeiras datas, teremos información oficial do rival que nos toca en Oitavos. A seguir soñando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, David Grande, Miguel, Pablo Fraga, Álvaro, Pereira, Rodrigo, Rubén, Borja, Velay e Iván Goldar. Tamén xogaron Iván Vidal, Dani Fontán, Jonathan e Marcos.

Campo Lameiro C.D.: Iván, Paulo, Sergio, Rodrigo, Pierna, Ángel, Mateo, Bruno, Fran, Adri e Víctor. Tamén xogaron Manu, Aitor, Xabi, Nino e Julio.

Goles: 0-1 Pierna (min. 5); 1-1 Borja (min. 29); 2-1 Sergio p.p. (min. 52); 3-1 Pereira (min. 66).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario