• Os nosos conseguen enlazar outra vitoria nun derbi que controlaron de principio a fin.

  • Máis de 400 afeccionados achegáronse ao campo do Buelo para apoiar ao noso equipo.

Xornada 5 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibía ao Atlético Cuntis no Buelo para a disputa do primeiro derbi comarcal da tempada.

Gran partido dos nosos, que afrontaban este partido con moita motivación e ilusión por acadar o triunfo diante do noso público. O Moraña dominaba a posesión do balón mentres que o Cuntis agardaba a súa oportunidade a través de contraataques. O primeiro gol chegou logo de que Álex, cun gran desmarque, se atopara coa parada de Gabriel, pero no rexeite Ramón logrou mandar o balón ao fondo das mallas. Un gol moi importante xa que chegou xusto antes do descanso e permitiu que os nosos puideran saír con máis tranquilidade na segunda metade,

Logo do descanso o partido continuou nunha dinámica similar. O Moraña tentando de manter o dominio do partido e controlar os tempos. O Cuntis tratou de apretar e tivo as súas mellores ocasións a balón parado, pero non conseguiu materializalas. E xa nos últimos minutos, unha gran saída desde a defensa de Jesús combinando cos seus compañeiros que culminou no 2-0 final.

O vindeiro domingo desprazarémonos ata Vigo para xogar contra o Rácing Castrelos.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (David Dios, 55′), Pablo Cancela (Leroy Ruegg, 90′), Ramón Martínez (Domi García, 81′), Álex Domínguez, Diego Pérez, Jorge Miser (David García, 81′) e Sebas Cores.

Atlético Cuntis: Gabriel Iglesias, Antón Escobar, Antonio Castroagudín, Samuel Beloso (Ángel Romero, 77′), Francisco de Pazos (Carlos Vázquez, 60′), Iván Castro, Javier López (Ander San Juan, 46′), Abel Ferro (Iván Folgar, 60′), Alejandro Casal, Martín Taboada (Juan Jesús Novás, 74′) e Arturo Benjamín Míguez.

Goles: 1-0 Ramón Martínez (min.45), 2-0 Jesús Losada min.90)

Árbitro:  Don Alfonso Barreiro Viñas. Amonestou a Moha El Hamdaoui, Fernando R. Novegil e Jesús Losada polo Moraña CF e a Iván Castro, Francisco de Pazos, Samuel Beloso, Iván Folgar e expulsou a Antonio Castroagudín polo Atlético Cuntis.

Compárteo!

Deixa un Comentario