• Último partido do ano que acaba en derrota.

  • O Arcade conseguiu remontar o tanto inicial do Moraña.

Xornada 16 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Arcade no campo do Buelo.

Derrota dos nosos nun partido no que o Arcade amosou unha efectividade moi alta de cara a gol. O partido comezaba da mellor maneira para o Moraña, xa que aos 8 minutos Víctor marcaba o primeiro gol da tarde. A primeira metade non dispuxo de máis ocasións de gol, ata que o árbitro sinalou un penalti favorable ao Arcade. O dianteiro visitante acertou desde os once metros e empatou o encontro. E no último minuto da primeira parte, un remate de cabeza logo dun centro lateral acababa dentro da portería. O Arcade lograba remontar xusto antes do descanso.

Trala reanudación, o partido continuou moi pechado, sen apenas ocasións e sen un dominador claro. A medida que avanzaban os minutos, o Moraña intentou avanzar liñas e empuxar na busca do empate. Pero foi o Arcade quen sentenciou nos últimos minutos logo dun contraataque que pillou aos nosos moi arriba.

A próxima xornada será xa no ano 2024 e que comezará cun novo derbi contra o Campo Lameiro no campo da Chanciña.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Víctor Calderón, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, David Dios (Moha El Hamdadoui, 56′), Diego Pérez, Ángel Buceta, Roi García (Domi García, 89′), Dani Fontán (Leroy Ruegg, 80′), Sebas Cores e David García (Josiño Pérez, 56′).

C.D. Arcade: Ismael López, Marcos Couso, Juan Manuel Estévez, Lucas Reguera, Lucas Rielo, Sergio Alejandro Garrido (Nordine El Arfaoui, 80′), David Campos, Javier Couñago (Bilal Dahmouni, 62′), Alberto Bernárdez, Agustín Amoedo e Hugo Amoedo (Islam El Harraoui, 14′).

Goles: 1-0 Víctor Calderón (min. 8), 1-1 David Campos (min. 33), 1-2 Islam El Harraoui (min. 44), 1-3 Nordine El Arfaoui (min. 90)

Árbitros: Marcos Campo auxiliado por Rodrigo García e Pablo Veiras. Amonestou a Víctor Calderón, Jesús Losada, David Dios, Dani Fontán, Diego Pérez e Roi García polo Moraña e a Lucas Rielo, Ismael López e Marcos Couso polo Arcade.

Compárteo!

Deixa un Comentario