• Un partido moi disputado remata cunha derrota dos nosos.

  • Dous goles do Tyde en cuestión de 5 minutos déronlle a volta a un resultado que tiñamos encarrilado na primeira metade.

Xornada 3 do Grupo V da 1ª Autonómica que traía de volta o fútbol ao campo do Buelo. O noso rival nesta ocasión era o Tyde F.C.

Comezou o partido con moito ritmo e ocasións por parte dos dous equipos. As opcións de abrir o marcador fóronse sucedendo ata que Ramón aproveitou unha indecisión na defensa rival para marcar o primeiro gol da tarde que poñía por diante aos nosos. Co 1-0 chegabamos ao descanso e con todo por decidirse nos segundos 45 minutos.

Á volta dos vestiarios o Tyde logrou darlle a volta ao encontro con dous goles en 4 minutos mediada a segunda parte. O Moraña tentou reaccionar buscando o empate e tivo a mellor ocasión nas botas de Ramón de novo, pero o resultado xa non se movería. Seguiremos traballando para conseguir a primeira victoria da tempada.

O vindeiro domingo desprazarémonos ata Vilaboa para enfrontarnos ao UDC Vilaboa.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Rubén Candal, 83′), Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Pablo Cancela, (Leroy Ruegg, 86′), Ramón Martínez, Álex Domínguez (Manu Rivera, 46′), Diego Pérez (Roi García, 79′), Jorge Miser, Dani Fontán (Domi García 79′) e Sebas Cores.

Tyde F.C.: Borja Santos, Diego Solleiro (Cristian Martínez, 46′), Felipe González, Jorge Solla, Eduardo Rodríguez, Diego Federico Martínez, Aroldo Velloso Dias (Mario Fernández, 71′), Diego Rocha (Aaron Cancelas, 71′), Sergio Aballe, Anxo Ramilo (Alberto Fernández, 71′) e Manuel Aballe (Youssef Ezzekraoui, 86′).

Goles: 1-0 Ramón Martínez (min. 36), 1-1 Diego Federico (min. 53), 1-2 Sergio Aballe (min.57)

Árbitro:  Don Diego Tajes Aboal. Amonestou a Álex Domínguez, Diego Pérez, Manu Rivera, Ramón Martínez e Jesús Losada polo Moraña CF e a Anxo Ramilo, Manuel Aballe, Aroldo Velloso, Cristian Martínez e Diego Federico polo Tyde FC.

Compárteo!

Deixa un Comentario