• Terceira xornada seguida puntuando

  • O empate chegou no desconto

Nova xornada de Primeira Autonómica, e de novo, emoción ata o último instante nesta apretada competición. Chegaban os dous equipos con necesidade de sumar, aínda que con obxectivos distintos: os locais para escapar da zona baixa, e os visitantes buscando afianzarse na zona de play-off. Estas necesidades e a xa comentada igualdade fixo que non se viran goles nos primeiros 45 minutos.

Na reanudación, o Dena conseguiu poñerse por diante, con gol de Adri no minuto 50. Un gol valiosísimo tal e como estaba o encontro, nesta liña de igualdade. Pero os nosos non baixaron os brazos, e pelexaron ata o final. Así, no desconto, chegou o premio, co gol de David Grande no 91, que firmaba a igualada e deixaba un valioso punto en Mirallos. Con este, xa sumamos 27, escalando un pouco pero aínda lonxe das zonas tranquilas. Toca seguir traballando!

Os próximos enfrontamentos dos nosos Senior, será o encontro de Copa Deputación, todo un Derbi ante os nosos veciños do Campo Lameiro o vindeiro 23 de Febreiro. E o vindeiro encontro de Liga será o 1 de Marzo, ante a U.S.D. O Grove fóra da casa. A prepararse e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Vidal, Rober, David Grande, Miguel, Pablo Porta, Rodrigo, Dani, Ferro e Iván Goldar. Tamén xogaron Anxo, Jonathan, Álvaro, Pereira e Velay.

Unión Dena C.F.: Óscar, Víctor, jorge, Antonio, Álex, Brais, Adri, David, Óscar, Alfonso e Roi. Tamén xogaron Denis, David, Pablo, Barbeito e Dani.

Goles: 0-1 Adri (min. 50); 1-1 David Grande (90+1

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario