• O Moraña consegue rescatar un punto no tempo de desconto.

  • Partido complicado no que os nosos non se deron por vencidos.

Xornada 10 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Pontecaldelas no campo do Buelo. Aproveitamos para mandarlle moito ánimo ao noso rival desta xornada que viu como as súas instalacións deportivas quedaron desfeitas por mor do temporal destes días pasados.

Comezaba o partido co Pontecaldelas dominando o encontro e dispoñendo de boas ocasións para poder abrir o marcador. Pero Iván, o noso porteiro na tarde de hoxe, fixo varias paradas de mérito para manter o empate. As nosas mellores ocasións chegaron mediada a primeira parte, onde dispuxemos dun man a man que o porteiro rival desviou a córner. Co mesmo resultado co que comezou o encontro chegouse ao descanso.

Xa na segunda metade, o Pontecaldelas continuaba a levar perigo sobre todo con chegadas polas bandas. E nunha recuperación preto do círculo central, Samuel Silvoso viu adiantado a Iván e conseguiu superalo cun bo disparo desde larga distancia. Despois do 0-1, o Moraña tratou de reaccionar e logrou o empate cun gran desprazamento en longo que Josiño conseguiu controlar dentro da área e superar ao porteiro cun remate raso.

Podedes ver o resumo deste encontro neste enlace.

O vindeiro domingo tocaranos visitar Barrantes para disputar a undécima xornada de liga contra o Umia C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Iván García, Jesús Losada, Moha El Hamdaoui (Fernando R. Novegil, 46′), Leroy Ruegg (Roi García, 64′), David Dios, Álex Domínguez (Manu Rivera, 89′), Ángel Buceta (Josiño Pérez, 75′), Jorge Miser, Dani Fontán, Sebas Cores e David García (Ramón Martínez, 64′).

S.C.D. Pontecaldelas: Aitor Alfonsín, Damián López, Antonio Martínez, Samuel Silvoso, Jacobo Pereira, Alberto Garrido, Manuel Tomé (José Juan Villanueva, 88′), Javier Martínez, Víctor Covelo (Raúl Garrido, 75′), Pablo Rodríguez e Manuel Loureiro.

Goles: 0-1 Samuel Silvoso (min.70), 1-1 Josiño Pérez (min. 92)

Árbitro:  Don David Barrio Fernández. Amonestou a Moha El Hamdaoui e Ramón Martínez polo Moraña CF e a Jacobo Pereira, Samuel Silvoso e José Emiliano Abelleira polo Pontecaldelas.

Compárteo!

Deixa un Comentario