• O Moraña volve á senda da vitoria co apoio do noso público.

  • Partido marcado pola despedida do noso capitán, Pablo Cancela.

Xornada 7 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao San Martín no campo do Buelo. A pesares de disputarse nun horario pouco convencional (12:00h do domingo) e da chuvia, contamos cun gran apoio dos nosos siareiros.

Vitoria dos nosos diante do San Martín nun novo encontro de moita intensidade e ocasións por parte dos dous conxuntos. O Moraña adiantouse cun gol cando só levabamos 4 minutos de encontro grazas a un tiro cruzado de Diego logo dun bo pase de Moha. O San Martín tratou de repoñerse e pouco a pouco conseguiu facerse co control do encontro e dispuxo dunha clara ocasión que acabou batendo no pao da portería morañesa.

Xa na segunda metade, o Moraña intentou cerrar o partido empregando como principal arma os contraataques. E estivo a piques de facelo cun remate ao pao e unha boa ocasión que Ramón non conseguiu meter na rede. Os visitantes tamén levaron perigo, sobre todo a balón parado, pero o tempo regulamentario cumpriuse sen máis modificacións no marcador.

Mención especial para o noso capitán, Pablo Cancela, que por motivos laborais non poderá continuar xogando connosco esta tempada. Desde o club queremos agradecerlle o seu esforzo e dedicación durante todos estes anos e desexarlle moita sorte nesta nova etapa. Estamos seguros que os nosos camiños se volverán encontrar nun futuro. Grazas por todo, capitán!

O vindeiro domingo tocaranos visitar o concello de O Porriño para disputar a oitava xornada de liga contra o C.D. Pontellas.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui (David Dios, 52′), Pablo Cancela (Leroy Ruegg, 76′), Ramón Martínez, Álex Domínguez (Roi García, 76′), Diego Pérez, Ángel Buceta e Jorge Miser (Víctor Calderón, 63′).

San Martín F.C.: Óscar Portas, Santiago Varela, Martín Pintos, Alejandro Vázquez (Borja Diz, 46′), Víctor Piñeiro, Hugo Abalo, Christian Bugallo (Nicolás Fernández, 46′), Brais Dios (Yago Charlín, 76′), Abel García (Carlos González, 66′), David Barcala e Eduardo Vieites.

Goles: 1-0 Diego Pérez (min.4)

Árbitro:  Don Pablo Bacariza Baltasar. Amonestou a David Gevorgyan polo Moraña CF e a Christian Bugallo, Martín Pintos e Hugo Abalo polo San Martín.

Compárteo!

Deixa un Comentario