• Un gol madrugador de Ferro da a victoria.

  • O equipo comeza forte na volta á Competición.

588 días despois o Moraña C.F. saltaba a un campo de fútbol a xogar un encontro oficial de Liga. Un tempo no que o deporte quedou nun segundo plano ante a situación sanitaria e todo o que tivemos que vivir e superar. Hoxe, o noso Clube rompeu esta paréntese nos seus máis de 50 anos de historia con todos os falecidos e vítimas da COVID-19 na mente e no seu corazón. Na nosa memoria, por sempre.

No estrictamente deportivo, os nosos saíron con brío neste encontro e con moita forza, acadando vantaxe no minuto 6 por parte de Ferro. A S.D. Amanecer, un rival duro e esixente non baixou os brazos en ningún momento a pesares de ir a remolque dende case o comezo e plantexou un encontro no que os nosos tiveron que sudar e traballar a reo para acadar os puntos.

Afortunadamente, este esforzo tivo premio, o marcador non se moveu nos 90 minutos e o resultado final foi ese 1-0, que nos da os primeiros tres puntos da tempada. O vindeiro encontro será o próximo domingo 24 de Outubro ante o Unión Dena C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Isidro, Salva, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, David Grande, Pablo Cancela, Seydou, Ferro, Álvaro e Iván Goldar. Tamén xogaron David Dios, Teijeira, Manu, Chima e Joaquín.

S.D. Amanecer: Cristian, Iago, Fran, Rubén, Brea, Xabi, Nico, Alexandre e Raúl. Tamén xogaron Manu, Álvaro, Óscar, Abal e Ángel.

Árbitro:  Alejandro Gómez, asistido por Alfonso Barreiro e Ángel Andrade. Amonestou a Ferro, David Dios, e a David Grande por dúas ocasións no Moraña. E na S.D. Amanecer a Diego, Rúal, Manu e Óscar.

Goles: 1-0 Ferro (min. 6)

Compárteo!

Deixa un Comentario