• Partido moi serio dos nosos fronte un rival da parte alta da táboa.

  • Un gol de Víctor foi suficiente para conseguir a vitoria.

Xornada 14 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao Atlántida Matamá no campo do Buelo.

Nova vitoria do Moraña no seu feudo nunha tarde de chuvia e vento, que dificultou por momentos a circulación do balón. Unha primeira metade de tanteo entre os dous conxuntos, buscando facer dano coas súas armas pero sen deixar descoidada a defensa. O primeiro tempo transcorreu sen grandes ocasións, na que ámbolos dous equipos deron prioridade a non encaixar goles.

Na segunda parte, os nosos conseguiron inaugurar o marcador aos 5 minutos logo dunha boa chegada por banda de Roi, que serviu un balón perfecto para que Víctor puidese marcar en boca de gol. Despois do gol, o Atlántida Matamá empezou a chegar, máis por empuxe que por fútbol, e dispuxo dun par de ocasións nas que a pelota se paseou por diante da área pequena sen atopar rematador. O Moraña puido sentenciar á contra, pero o porteiro do equipo vigués mantívose firme no man a man. E con este resultado, o árbitro asubiou o final do encontro.

O vindeiro domingo tocaranos visitar o concello de Gondomar para disputar a 15ª xornada de liga contra o C.C.D. Chaín.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Víctor Calderón (Aday Ruiz, 87′), Fernando R. Novegil, Leroy Ruegg (David García, 56′) , David Dios, Álex Domínguez, Diego Pérez, Ángel Buceta, Roi García (Dani Fontán, 90′) e Sebas Cores.

Atlántida Matamá: Xoán Miguel Iglesias, Carlos Corujeira, Daniel Cruz, David Portas, Manuel Lago (Tomás Comesaña, 70′), Daniel Pérez, Rafael Martín, Yeray López (Daniel Mallo, 70′), Juan Bastante (Diego Laso, 55′), Javier Pintos (Enrique Martínez, 82′) e Pablo Villar.

Goles: 1-0 Víctor Calderón (min. 50)

Árbitro: Francisco Javier Raposo auxiliado por Manuel Fernández e Estela Castro. Amonestou a Víctor Calderón, David Dios e Roi García polo Moraña e a Carlos Corujeira polo Atlántida Matamá.

Compárteo!

Deixa un Comentario