• O Moraña logra os 3 puntos tras un encontro moi disputado.

  • Partido de ida e volta no que os nosos estiveron máis atinados de cara a portería.

Xornada 19 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao U.D. Santa Mariña no campo de fútbol do Buelo.

Antes do comezo do encontro fíxose entrega dunha placa conmemorativa a Don Ernesto Diz Pardo, socio número 1 do Moraña C.F., que tamén realizou o saque de honra.

Partido de ida e volta o disputado na tarde do domingo, que se abriría moi cedo cun gol do equipo visitante aos 4 minutos logo dun rexeite no que o seu dianteiro rematou a porta vacía. Os nosos reaccionaron rapidamente e conseguiron o empate só 3 minutos despois logo dun penalti transformado por David Dios. E pouco tempo despois, Ángel Buceta aproveitaba un erro do porteiro para darlle a volta ao resultado. O encontro estaba bastante roto e uns minutos antes do descanso, Josiño roubou un balón que lle permitiu quedar man a man co porteiro e definir con tranquilidade para poñer o 3-1 antes do descanso.

Xa na segunda metade, o Santa Mariña fíxose dono do encontro, sobre todo despois da expulsión de David Gevorgyan no minuto 51. Dispuxeron de varias ocasións bastante claras, pero a falta de puntería e a boa actuación do noso porteiro, fixo que se mantivera a ventaxa de 2 goles ata o tramo final do partido. No minuto 86, o Santa Mariña lograba recortar distancias logo dun centro cun posterior remate de cabeza que entrou pola escadra, pero o Moraña conseguiu defender o resultado ata o pitido final.

O vindeiro domingo tocaranos visitar Tui para disputar a 20ª xornada de liga contra o Tyde C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil (Rubén Candal, 67′), Moha El Hamdaoui, David Dios, Álex Domínguez (Roi García, 87′), Dani Fontán, David García (Leroy Ruegg, 71′), Ángel Buceta (Sebas Cores, 46′) e Josiño Pérez (Jonatan Da Silva, 67′).

U.D. Santa Mariña: Miguel Benavides, Breogán Álvarez, Rodrigo Otero, Francisco Javier Alonso, Pablo González, Daniel Pascual, Pablo Pérez, Roi González (Daniel Castro, 46′), Hugo Bernárdez (Borja Casal, 68′), David Iglesias (Sergio Alonso, 80′) e Adrián Costas (Jorge Herrero, 46′).

Goles: 0-1 David Iglesias (min. 4), 1-1 David Dios (min. 7), 2-1 Ángel Buceta (min. 14), 3-1 Josiño Pérez (min. 43) 3-2 Breogán Álvarez (min. 86)

Árbitro: Miguel Carreira, auxiliado por Diego Pousada e Gabriel Rey. Amonestou a Fernando R. Novegil, Rubén Candal e expulsou a David Gevorgyan polo Moraña e amonestou a Pablo González polo Santa Mariña.

Compárteo!

Deixa un Comentario