-
Vitoria inmaculada dos nosos ante o líder da categoría.
Xornada 14 do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao C.D. Bueu no campo de O Buelo.
O Moraña ofreceu o pasado domingo unha gran actuación colectiva: fixo valer a súa forza en tódalas liñas e soubo aproveitar as oportunidades que se presentaron. Foi no minuto 30 cando os nosos abriron o marcador. Un gol que espoleou aos xogadores do Moraña os motivou aínda máis para afrontar o que quedaba de partido.
Non se conformaron co 1-0, e antes de que o primeiro tempo chegase ao seu fin, o Moraña ampliou a súa vantaxe. Este segundo gol supuxo un golpe de moral para os nosos, que xa se sentían dominadores absolutos do xogo. Mentres o Bueu, que chegaba como líder e favorito, non puido atopar respostas para contrarrestar as ofensivas locais.
Na segunda metade, o Bueu intentou reaccionar, pero atopouse cunha muralla chamada Moraña. A pesares de quedar en inferioridade numérica trala expulsión de Gustavo de Aguiar no minuto 60, o Moraña non perdeu a compostura. En todo momento, mantivo a súa orde defensiva e respondeu con contundencia ante os intentos de ataque do líder.
Este triunfo diante do líder servirá como un gran impulso moral para os xogadores do Moraña, que demostraron que cando xogan en equipo e con confianza, poden gañarlle a calquera equipo.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Rubén Candal, Paulo Miote, Rafael Paiva, Javier Pazos, Damián Pereira, Breno Santos (Luis de Matos, 94′), Ángel Núñez (Rodrigo Cor, 94′), Levi Pereira,e Godfrey Apeh (David García, 61′).
C.D. Bueu: Borja Casal, Daniel Martínez, Pablo Abal (Francisco Graña, 82′), Marcos Iglesias, Manuel Durán, Adrián Ortube, Alejandro Pérez, Darío Martínez, Tomás Pérez (Sergio Piñeiro, 53′), Jorge Paredes (Daniel Reguera, 46′) e Christian Nerga (Pedro Leal, 72′).
Goles: 1-0 Breno Santos (min. 30), 2-0 Rafael Paiva (min. 45)
Árbitro: Marco Sotelo Rial. Expulsou con vermella directa a Gustavo de Aguiar por parte do Moraña. Amonestou a Pablo Abal, Christian Nerga e Alejandro Pérez por parte do Bueu.