-
Un gol visitante de última hora evita comezar a temporada con victoria.
-
Os nosos arrancan a tempada cun empate que sabe a pouco.
Xornada 1 do Grupo V da 1ª Autonómica coa que arranca a liga. Recibiamos na tarde do domingo ao Val Miñor, un rival que propuxo un encontro moi disputado e que acabou empatando o encontro no último suspiro.
Os nosos comezaron moi metidos no partido, apretando e desbordando sobre todo pola banda esquerda pola que chegamos con moito perigo. No minuto 24 a nosa insistencia tería recompensa posto que Jorge Miser aproveitaba un mal pase do porteiro para roubar o balón e conseguir o primeiro gol desta tempada para o Moraña. Con este resultado chegariamos ao descanso.
Trala reanudación, o Val Miñor conseguiu impoñer o seu xogo e obligou a Manu Carracedo a empregarse a fondo para evitar o empate nun par de ocasións. E xa cando parecía que os 3 puntos quedarían na casa, un rexeite logo de dar o balón no longueiro acabaría no fondo das mallas cun disparo de Miguel Vázquez no minuto 95.
O vindeiro encontro ligueiro será ante o U.D Santa Mariña o próximo domingo.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Manu Carracedo, Jesús Losada, Fernando Novegil, Moha El Hamdaoui, Pablo Cancela, Ramón Martínez (Josiño Pérez, 85′), Rodri Lijo (Dani Fontán, 66′), Álex Domínguez, Jorge Miser (Domi García, 85′), Roi García (Leroy Ruegg 66′) e Sebas Cores.
E.D. Val Miñor: Emilio Lomba, Jose Tielas, Borja Blanco (Miguel Vázquez, 56′), Alejandro Carreira (Pablo Álvarez, 56′), Óscar Castro, Carlos Figueroa, Vadim Poldolin (Yeray Cidanes, 72′), Iván Porto, Jorge Fole (Luis García, 79′), Albert Pérez e Marcelo Gabriel Casas (Xosé Manuel Fernández, 79′).
Goles: 0-1 Jorge Miser (min. 24); 1-1 Miguel Vázquez (min 90+5)
Árbitro: Don Isidoro Rey, auxiliado por D. Antonio Franco e D. Xoel Silva. Amonestou a Fernando Novegil, Moha El Hamdaoui, Manu Carracedo e Pablo Cancela polo Moraña.