• Os nosos volven recibir 3 goles en contra por segundo partido consecutivo.

  • Unha mala primeira parte fixo que o equipo visitante conseguise resolver o partido pola vía rápida.

Xornada 21 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña recibiu ao U.D.C. Vilaboa no campo do Buelo.

O Vilaboa conseguiu o seu primeiro gol logo dun rexeite que o seu dianteiro logrou empuxar dentro da portería cando aínda só levabamos 6 minutos de xogo. O segundo gol en contra chegou logo dun rexeite dun penalti 20 minutos despois. E no último minuto da primeira metade, un balón en longo á espalda da defensa volvería a ser aproveitado polo dianteiro do equipo visitante e facer o seu ‘hat-trick’.

Trala reanudación, o Moraña intentou reaccionar e dispuxo dun par de boas ocasións con remates de Ramón e Candal. Pero o marcador non se moveu ata o pitido final e o partido acabou cun contundente 0-3.

A vindeira xornada disputarase o 18 de febreiro e tocaranos visitar Cuntis para disputar un novo derbi comarcal.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada (Rubén Candal, 45′), Fernando R. Novegil, Leroy Ruegg (David García, 46′), Ramón Martínez (Domi García, 73′), David Dios (Moha El Hamdaoui, 46′), Diego Pérez, Dani Fontán, Sebas Cores e Josiño Pérez (Jonatan Da Silva, 46′).

U.D.C. Vilaboa: Iago Pesqueira, Borja Sáez, Sergio Coloret, Diego Suárez (Pablo Sotelo, 78′), Manuel Santos (Javier Lorenzo, 63′), Pedro Carril, Joaquín Roy González (Daniel Martínez, 59′), Rubén Moledo, Francisco Javier Couñago (Manuel Barros, 78′), Martín Herbello e Aitor Veloso.

Goles: 0-1 Diego Suárez (min. 6), 0-2 Diego Suárez (min. 25), 0-3 Diego Suárez (min. 44)

Árbitro: Francisco José Crespo, auxiliado por Gustavo Silva e Borja Gómez. Amonestou a César Sánchez (adestrador) e Francisco Rodríguez (2º adestrador) polo Moraña e amonestou a Manuel Santos e Rubén Moledo polo Vilaboa.

Compárteo!

Deixa un Comentario