• De novo a falta de acerto foi chave.

  • O encontro xogouse no Buelo polo mal tempo.

Os Senior recibiron nesta tarde de domingo ao Sporting Guardés, na decimoquinta xornada de Liga. Un partido que se tivo que xogar no Buelo, debido a que o mal tempo destes días facía moi díficil utilizar Mirallos.

O encontro foi moi igualado con opcións para os dous equipos, pero un maior acerto visitante á hora de concretar as ocasións, foi o que decantou o partido. O primeiro gol chegou no minuto 28, cando Iván Goldar defendendo un córner, marcaba en propia meta.

Este gol apuntalou o plan dos visitantes, que con vantaxe pecharon máis os espazos e non deixaban opcións ao xogo morañés. Na segunda metade, Santi deixaba o encontro casi sentenciado no minuto 67, facendo o segundo gol. Pese a que os nosos seguiron tentándoo ata o final, o encontro rematou con este 0-2.

Con este resultado, seguimos con 18 puntos, nunca clasificación cada vez máis apretada, na que en 5 puntos se atopan 10 equipos. Próxima xornada, o vindeiro domingo 22, ante a S.D. Amanecer. A seguir remando, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Rober, Richi, Álvaro, Teije, Edu, Iván Vidal, Dani e Ferro. Tamén xogaron Pereira, Chima, Borja, Caba e Marcos.

Sporting Guardés: Sergio, Enmanuel, Isidro, Saúl, Jorge, Luis, Sergio, Marcos, Daniel, Santi e Fabio. Tamén xogaron Andrés, Víctor, Marco e Damián.

Goles: 0-1 Iván Goldar p.p. (min. 28); 0-2 Santi (min. 67).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario