• Boa reacción tras poñerse 1-2 abaixo

  • Hattrick de Teije nun gran partido de todos

Sexta xornada de Liga para o noso Primeiro Equipo, que recibía no Buelo á U.S.D. O Grove, colista da categoría e que buscaba sumar os primeiros puntos. Os nosos, tras o gran partido de Zacande saíron coa intención de manter a liña de bos resultados dos últimos partidos, e con este ímpetu inicial Teije facía o primeiro de cabeza nun saque de córner. Un gol tempraneiro (min. 13) que parecía poñer ao Moraña na boa senda. Pero á media hora, Samu poñía o empate 1-1, resultado co que se chegou ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios os nosos tentaron buscar poñerse por diante de novo, pero foi o Grove quen golpeou primeiro. No minuto 60, Santi poñía por diante as visitantes. 2-1. Media hora por diante. Tocaba remangarse e poñerse a traballar, e así se fixo. Teije no minuto 66 poñía o empate, e o propio Teije sellaba o seu partidazo dende os 11 metros no 79, dándolle a volta ao encontro co 3-2. O Grove lanzouse polo empate á desesperada, pero foi Pablo Grande cunha execución maxistral de falta o que sellou o marcador no definitivo 4-2 no minuto 89.

Seguimos sumando de tres, para manter a segunda praza da clasificación. Próxima xornada, viaxamos á Lama!! A prepararse con forza!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Isidro, Salva, Iván Vidal, Andrés, David Grande, Teije, Álvaro, Seydou, David, Ferro e Joaquín. Tamén xogaron Pablo Grande, Manu, Julián, Anwaka e Luciano.

U.S.D. O Grove: Álvaro, Alberto, Filipe, Jroge, Rober, David, Brayan, Tarik, Gabri, Santi e Samu. Tamén xogaron Joaquín, Samu, Kevin, Nico e Tomás.

Árbitro:  D. Miguel Carreira, asistido por D. Rubén Covelo e D. Pablo Bacariza. Amonestou a Álvaro e Seydou polo Moraña e a Tarik, Alberto, Grayan e Rober pola U.S.D. O Grove

Goles: 1-0 Teije (min. 13); 1-1 Samu (min. 30); 1-2 Santi (min. 60); 2-2 Teije (min. 66); 3-2 Teije (penalti, min. 79); 4-2 Pablo Grande (min. 89)

Compárteo!

Deixa un Comentario