• O primer derbi trala pandemia cae do lado morañés.

  • Os nosos remontan tras adiantarse o Cuntis

Terceira xornada de Liga, e interesante derbi que se aveciñaba ante os nosos veciños do Atlético Cuntis. Un encontro que se presentaba intenso e igualado e que estivo á altura das espectativas. Adiantouse o Cuntis no minuto 23 dende os 11 metros. Poñíanse por diante os visitantes e daban un paso importante de cara a facerse cos puntos, pero no 39, Iván Vidal facía a igualada nunha xogada de estratexia a balón parado. Un gran remate no primeiro pao ante o que nada puido facer Gabriel. Antes do descanso, o Moraña volteaba o encontro tamén nunha xogada de estratexia. Lanzamento de falta lateral que Andrés cruza de cabeza maxistralmente para poñer o 2-1 no 45.

Na segunda metade, o Cuntis saliu enchufado, buscando o empate con determinación. Pero nesa busca foi deixando espazos á espalda, que o Moraña aproveitaba con rápidas contras. Nunha destas contras, Pablo Cancela facía o definitivo 3-1 nunha cabalgada por banda dereita na que se plantaba man a man co porteiro e cruzaba ante a súa salida. Este foi o resultado final.

Con esta victoria sumamos seis puntos, aupándanos á segunda praza da clasificación momentáneamente. A próxima semana, novo derbi! Esta vez ante o Campo Lameiro. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Isidro, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, David Grande, Teijeira, Pablo Cancela, Álvaro, Seydou, David e Luciano. Tamén xogaron Salva, Manu Carracedo, Anwaka, Chima e Joaquín.

Atl. Cuntis.: Gabriel, Antonio, Álvaro, Javi, Richi, Ángel, Abel, Fran, Iván, Arturo e Iván. Tamén xogaron Pedro, Rubén, Carlos, Samu e Adri.

Árbitro:  Borja Millán, asistido por Sergio Doval e Manu López. Amonestou a David Grande por parte do Moraña e a Álvaro, Ángel e Antonio por parte do Cuntis.

Goles: 0-1 Arturo (penalti, min. 23); 1-1- Iván Vidal (min. 39); 2-1 Andrés (min. 45); 3-1 Pablo Cancela (min. 67).

Compárteo!

Deixa un Comentario