• Terceira xornada sumando.

  • O equipo reacciona ben aos dous goles visitantes.

O Moraña recibía nunha chuviosa tarde no Buelo ao Umia C.F. un rival directo pola permanencia e que chegaba ao noso campo buscando sumar. Foi un encontro marcado polas necesidades, na que os dous equipos traballaron a reo para pechar os espazos e tentar dominar ao rival.

Golpeou primeiro o Umia ao cuarto de hora cando Miguel bateu a Rosa. Eran os primeiros compases e os nosos lonxe de sufrir por este feito, reaccionaron ben, sen perderlle a cara ao encontro. Chegouse con este 0-1 ao descanso.

Na reanudación, o Moraña empata cedo. Seydou anota un penalti engañando completamente a Pablo. Pero non tardaron os visitantes en volver coller vantaxe, por medio de Jonás no 61. Este segundo mazazo podía ser letal para os nosos pero no 79 apareceu Dyego para facer un dos goles da tempada: saque de córner, deixada de peito de Carlos e chutazo á escadra á reviravolta para poñer o empate. Buscaron desnivelar o marcador os dous conxuntos no último tramo pero xa non houbo máis goles: reparto de puntos e seguimos en postos de descenso… pero sumando e a só 4 puntos da salvación.

Próxima xornada, recibimos ao líder, o Portonovo S.D. no Buelo. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos (Velay, min. 68), Carlos, Novegil, Aarón, Pablo Cancela, Seydou, Dyego, Martín, Javier e Nico (Borja, min. 79).

Umia C.F.: Pablo, Óscar, Ángel, Emilio, Jonas, Miguel (Steven, min. 85), Guillermo (Alejandro, min. 79), Nico , Anxo, Diego (Manuel, min. 68)  e Antonio.

Goles: 0-1 Miguel (min. 16); 1-1 Seydou (penalti, min. 51); 1-2 Jonas (min. 61); 2-2 Dyego (min. 79).

Árbitro:  D. Adrián Fernández, auxiliado por D. Miguel Pin e D. David Pereira. Amonestou a Marcos, Alberto, Aarón, Pablo e Seydou polo Moraña e a Óscar e Emilio polo Umia.

Compárteo!

Deixa un Comentario