• Os tres puntos escaparon no desconto.

  • O Moraña adiantouse por dúas veces.

Xornada matinal do fútbol no Buelo, coa sexta xornada de Liga da Preferente Sur en xogo. Visitaba o Buelo o Juv. Cambados, en equipo necesitado de puntuar e que ao igual que o Moraña, buscaba a súa primeira victoria ligueira.

O encontro comezou ben para os nosos, cun tempraneiro gol de Seydou no minuto dous de xogo. Pero á media hora, Jose Ramón facía a igualada para os visitantes. Parecía que o empate ía a ser o marcador ao descanso, pero Dyego facía no 40 o 2-1 co que se foron os dous equipos a vestiarios.

Na segunda metade os nosos pelexaron e defenderon ben a vantaxe ata o último tramo. O Moraña tivo que remangarse aínda máis  tras quedarse en inferioridade no 60 ao ver Fernando doble cartón amarelo, e no 84, coa expulsión de Carlos Dean quedaba con 9. E no 92, xa en desconto, Jose María facía o 2-2, resultado definitivo. Empate de puntos que non resolve moito a ningún dos dous equipos, pero que polo menos lles permite sumar.

Vindeira xornada viaxe a terras ourensanas para enfrontarse ao Barbadás. Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Alexandre, Marcos, Marouane, Carlos Dean, Fernando, Aarón, Pablo Cancela (Mateo N. min. 79), Seydou, Alberto, Mateo (Víctor, min. 73) e Nico.

Juv. Cambados.: Adrián, J. María, Fran, Manuel, Luis (Jorge min. 46), Jose (Pablo min. 64) , Fernando, Diego, Francisco (David min. 64), Alberto (Álvaro, min. 46) e Juan.

Goles: 1-0 Seydou (min. 2); 1-1 J. Ramón. (min. 30); 2-1 Dyego (min. 40); 2-2 J. María (min. 90+2)

Árbitro:  D. Julián Buján, auxilado por D. Francisco Brión e D. J. Manuel Sánchez. Amonestou a Pablo Cancela, Óscar, Dyego polo Moraña e a Alberto López e Diego polo Cambados. Expulsou a Fernando (dobre amarelo) e Carlos Dean polo Moraña e a Fernando Santalo polo Cambados.

Compárteo!

Deixa un Comentario