• Os nosos volven por fin á senda da victoria

  • Dous goles de Mateo dan a volta ao tempraneiro gol visitante.

Última xornada da primeira fase da liga para o noso primeiro equipo, recibindo ao Marcón Atlético no Buelo. Un encontro no que os nosos comezaron cedo a remolque, xa que no minuto 3 Adrián bate a Caba, poñendo o 0-1. Pero os nosos, esta vez, non ían deixar pasar a oportunidade de sumar.

No minuto 42, un gran centro de Pablo Grande dende a esquerda é rematado de maneira maxistral por Mateo, que o pon lonxe de Juan, que só pode facer a estatua. Gol dos chamados sicolóxicos, ao filo do descanso. Pero o mazazo foi aínda máis grande xa que no desconto da primeira metade, de novo Mateo e de novo de cabeza facía o 2-1 para poñer ao Moraña en vantaxe e ir así aos vestiarios.

Na segunda metade, os nosos foron quen de manter a vantaxe e chegar ao final do encontro sen que se movera o marcador. Con estes 3 puntos, o Moraña remata esta primeira fase regular da Liga con 32 puntos en terceira posición. Xogaremos así a segunda fase de Ascenso a Preferente nas vindeiras semanas. Ánimo e a seguir, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Salva, Fernando, Pablo Grande, David Grande, Dyego, Álvaro, Mateo, David, Ferro e Luciano. Tamén xogaron Álex, Manu, Anwaka, Rubén e Chima.

Marcón Atlético: Juan, Jose Carlos, Dean, Jacobo, Xoel, Adri, manu, Anxi, Sergio, David e Aarón. Tamén xogaron Manu, Ivan, Pablo, Pedro e Jorge.

Goles: 0-1 Adrián (min. 3); 1-1 Mateo (min. 42); 2-1 Mateo (min. 45+1)

Árbitro:  D. Hamza Aboufaris, auxiliado por Luis Miguel Santiago e Jonathan Barreiro. Amonestou a Mateo, David Grande e Rubén polo Moraña e a Jose Carlos polo Marcón Atlético.

Compárteo!

Deixa un Comentario