• Terceira victoria da tempada.

  • Volvemos fallar moitas ocasións, pero os puntos quedaron na casa.

Tralas dúas últimas derrotas, o Moraña precisaba reaccionar, e esa reacción chegou na tarde de hoxe. Os nosos saíron ao encontro ligueiro ante a Cultural Areas moi enchufados, buscando dende o primeiro minuto a portería rival e xerando unha grande cantidade de ocasións. Pero, ao igual que aconteceu nos partidos anteriores, as ocasións ían pasando e os goles non chegaban. De novo Dyego fallaba un penalti, e incluso Álvaro tivo o 1-0 nos pes nun man a man con Sergio que se estrellou no pao. Parecía que se mantiña a tónica dos últimos encontros pero nun balón largo á espalda da defensa no minuto 44, Dyego facía o 1-0. Marchabamos ao descanso con vantaxe.

Na reanudación os nosos seguiron na mesma liña, xerando perigo pero sen concretar. E no minuto 65 chegou o empate visitante. Unha xogada desgraciada na que Christian tira ao pao, pero o rexeite da en Alexandre e entra. 1-1, e tocaba comezar de novo. Pero desta vez, saliu cara. No 73 Novegil, tras un saque en curto dun córner facía un golazo poñendo o balón na escadra do Areas. Era o 2-1, que tivemos que defender ata case o último suspiro pero que valeu tres puntos de ouro para non descolgarse na clasificación.

Agora mesmo seguimos colistas, pero a dous puntos da salvación e a catro do undécimo posto, o que fala da igualdade da categoría. Toca seguir remando, non perder a fe, pelexar e loitar ata o derradeiro partido. Próxima parada, o Céltiga o vindeiro domingo. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Dean, Novegil, Aarón, Pablo Cancela (Mateo, min. 64), Seydou, Dyego, Álvaro, Javi e Nico (Borja, min. 69).

Cultural Areas: Sergio, Carlos, Pablo, David, Javi, Iago (Yago, min. 67), Miguel (Nico, min. 52), Víctor (Kevin, min. 55), Bruno (Enrique, min. 63), Capelo e Adrián (Christian, min. 63).

Goles: 1-0 Dyego (min. 44); 1-1 Christian (min. 65); 2-1 Novegil (min. 73)

Árbitro:  D. Brais Rodríguez, auxiliado por D. Kevin Iglesias e D. Oumar Diallo. Amonestou a Pablo, Dean, Seydoy e Mateo polo Moraña e a David, Iago, Víctor, Kevin (2 amarelos), Óscar, Matias, Carlos e Iván.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario