• Tras un empate e unha derrota, volvemos á victoria.

  • Quedan tres encontros e seguimos con opcións.

Comeza a segunda volta desta Fase de Ascenso a Preferente, e os nosos recibían no Buelo ao S.D.C. San Adrián, a quen xa derrotaran na primeira xornada. Os de Fabio saíron a este encontro coa necesidade de puntuar para seguir na loita, tralo empate co Goián e a derrota ante o Rácing Castrelos.

Non se moveu o marcador na primeira metade pese ás ocasións. Tivo que ser Mateo quen, nunha xogada na área pequena no 55, recorta sobre sí mesmo para engañar totalmente a David e facer o 1-0 cun balón que entrou chorando e con moito suspense. Pese á reacción visitante buscando o empate, foi o Moraña quen sentenciou o encontro no minuto 78, cando Dyego aproveitou un balón á area para facer dudar o xusto ao porteiro visitante e facer que o balón entrase na portería. Era o 2-0, e o encontro quedaba totalmente encarrilado. Unha victoria clara, que mantén a aposta do Moraña por un histórico ascenso a Preferente, e na tarde de hoxe con tres xuveniles como titulares.

Con estes tres puntos, o Moraña volve a estar en postos de ascenso, pero cunha clasificación moi apretada e na que moitos equipos están con opcións:

Aquí vos deixamos todos os resultados que se deron no grupo:

Próxima parada, viaxe a Vigo para xogar ante o Alernavia. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Rubén, Iván, Fernando, Álex, David Grande, Dyego, Pablo Cancela, Mateo, Seydou e Ferro. Tamén xogaron Isidro, Pablo Grande, Anwaka, Abel e Joaquín.

S.D.C. San Adrián: David, Roberto, Mario, Sergio, Juan, Anxo, Mateo, Carlos, Couso, Paredes e Javi. Tamén xogaron Moisés, Adri, Gerardo, Fran e Sergio.

Goles: 1-0 Mateo (min, 55); 2-0 Dyego (min. 78).

Árbitro:  D. Manuel Otero, auxiliado por D. Sergio Lorenzo e D. Álvaro Solla. Amonestou a Fernando, Pablo Cancela e Rubén polo Moraña, e a Couso, Paredes e Gerardo polo San Adrián.

Compárteo!

Deixa un Comentario