Foto de Celso Diz

  • O día que non se podía fallar… non se fallou.

  • Os goles de David Grande e de Dyego, lévannos a Preferente a falta dunha xornada

Poucas opcións tiña o Moraña C.F. cando arrancou esta fase de ascenso e non era (para nada) o obxectivo. Pero a falta dunha xornada para a finalización desta Fase de Ascenso, o Moraña C.F. fai historia, e convértese por primeira vez nos seus máis de 50 anos de historia en equipo de Preferente.

O encontro de hoxe ante o Goián C.F. era unha auténtica final para os dous equipos. Os nosos gañando certificaban o ascenso, pero os visitantes tiñan que sumar para manter as opcións. Esto notouse dende o primeiro minuto: nunha tarde de sol e moita calor os dous equipos arrancaron a un ritmo altísimo.

O Moraña comezou entonado, xerando un par de ocasións nos primeiros minutos. E foi David Grande, aproveitando un rexeite para facer o 1-0 no minuto 5, cun gran disparo dende fóra da área ante o que nada puido facer Miguel. O primeiro paso estaba dado.

O gol non lle sentou demasiado ben ao Moraña, que dou un pequeno paso atrás e pese a que seguía tendo ocasións, o Goián comezaba a aparecer cada vez máis. Tiveron os visitantes o 1-1 nun córner pechado no que Manu sacou unha man prodixiosa cando o balón se colaba. Perdonaron tamén os nosos antes do descanso nun par de ocasións, sobre todo unha de Dyego que non definiu ben. Así se foi ao descanso.

Na reanudación o encontro seguiu tal e como acabara na primeira metade. O Moraña un tanto agazapado e non deixando espazos e buscando a contra para matar o partido. O Goián tentando xogar e buscar o seu momento para empatar. Manu de novo estivo prodixioso sacando un man a man, e no último tramo cun pé que desbaratou a máis clara do Goián na segunda metade. Pero o Moraña tampouco deixaba de meter medo: as contras ían sucedéndose e cada vez o rival tomaba máis riscos. Anuláronnos o 2-0 por fóra de xogo a falta de 10 minutos, e o partido seguía nun fío.

Chegou o desconto co Goián volcado e, por fin, o delirio: balón largo para Dyego que nunha gran xogada personal saca un disparo raso pegado ao pao dereito que se convertía no 2-0 e no pasaporte do Moraña ao ascenso. Un gol para a historia, un día para nunca esquencer.

A falta da última xornada e co tropezo do Rácing Castrelos, agora mesmo ocupamos a primeira posición da Fase.

Aquí vos deixamos todos os resultados que se deron no grupo nesta xornada:

O vindeiro domingo xogamos ante o Rácing Castrelos, cos deberes xa feitos. Agora quédanos celebrar e prepararnos para unha vindeira tempada que vai ser incrible.

Dende o Clube queremos en primeiro lugar felicitar ao noso rival de hoxe, un exemplo de afección, deportividade e entrega. Goián C.F., sodes grandes. Hoxe tocouvos a parte máis dura, pero déstelo todo: noraboa, a seguir e os éxitos chegarán.

E sobre todo á nosa afección, o xogador número 12, que empuxou e deu folgos durante todo o encontro e durante toda a tempada: sen vos imposible. Vamos Moraña!!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Iván Vidal, Fernando, David Grandem Dyego, Mateo, Seydou, Ferro, Joaquin e Luciano. Tamén xogaron Caba, Salva, Álex, Pablo Grande e Iván Goldar.

Goián C.F.: Miguel, Adrián, Rubén, Víctor, Fernan, Miguel, Alexandre, Adri, André, Aarón e Gabriel. Tamén xogaron Pena, Óscar, Alexandre, Rodrigo e Noel.

Goles: 1-0 David Grande (min. 5); 2-0 Dyego (min. 90 + 5)

Árbitro:  D. Diego Tajes, auxiliado por D.Pedro Gómez e D. Javier Domínguez. Amonestou a Iván Vidal e a Dyego polo Moraña, e a Miguel, Alexandre e Noel polo Goián.

Compárteo!

Deixa un Comentario