• Os nosos volven á senda da victoria ante o líder.

  • Ferro e Andrés marcan para certificar unha victoria importantísima.

Décimo primeira xornada de Liga na que os nosos recibían no Buelo ao ata hoxe líder da categoría, o Unión Dena. Un encontro no que o Moraña se plantaba tras dous empates e trala súa primeira xornada sen marcar. Pero os rapaces responderon no verde cun gran partido.

Abriu a lata Ferro, no minuto 39 poñendo o 1-0, sen que o marcador se movera xa antes do descanso. Na reanudación o encontro seguiu nunha liña moi igualada, pero Andrés dende os 11 metros facía o segundo que daba a tranquilidade e que certificaba unha victoria importantísima . Con estes tres puntos, o Moraña ponse como segundo clasificado.

A vindeira xornada, disputamos un derbi chave ante o Atlético Cuntis, o novo líder trala xornada de hoxe. Un encontro que os nosos van preparar con ganas. Vamos Moraña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, Andrés, Pablo Grande, Alberto, Edu, David, Ferro e Alexandre. Tamén xogaron Caba, Álex, Dani, Anwaka e Chima.

Unión Dena C.F.: Miguel, Óscar, Denis, Jesús, Jorge, Borja, Mateo, Brais, Antón, Adri e Dani. Tamén xogaron Víctor, Iván, Óscar, David e Raúl.

Árbitro:  D. Borja Millán, auxiliado nas banads por D. Sergio Lorenzo e D. Fabio Crespo. Amonestou a Fernando e Alexandre polo Moraña, e a Brias, Dani, Raúl e Borja polo Unión Dena.

Goles: 1-0 Ferro (min. 39); 2-0 Andrés, penalty (min. 68).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario