• Derbi por todo o alto, emocionante e vibrante.

  • Esta victoria permite seguir a un punto do liderato..

Tralo empate da semana pasada ante o Atl. Cuntis, o Moraña recibía ao Campo Lameiro C.D. no Buelo no seu intento de manterse na disputa e na loita polas primeiras posicións da táboa. O rival viña con ganas de sacar puntos tralo seu empate na anterior xornada co Zacande.

Un encontro tan intenso e igualado resolveuse nos pequenos detalles e no acerto nos momentos puntuais. Así chegou o gol de Seydou, no minuto 42 case cando se chegaba ao descanso. Lanzamento lateral de falta que o noso 15 remata maxistralmente para batir a Iván. Os nosos marchaban á pausa con vantaxe.

Na segunda metade a tensión foi en aumento pero sen que o marcador se movese. Só no último suspiro chegou o segundo. Pablo Grande no desconto batía de novo ao cancerbeiro visitante para poñer o 2-0 e certificar unha victoria importantísima para os nosos que nos mantén a un só punto do líder, de novo, o Atl. Cuntis.

Próxima xornada, recibimos ao Zacande de novo no Buelo. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, Alberto, Seydou, Edu, David Dios, Ferro, Alexandre e Luciano. Tamén xogaron Caba, Andrés, Pablo Grande, David Grande e Iván Goldar.

Campo Lameiro C.D. : Iván, Marcos, Luis, Antonio, Bruno, Enrique, Víctor, Julio, Adri, Fran e Yago. Tamén xogaron Alfonso Manu, Jose, Carlos e Rober.

Árbitro:  D. Borja Millán, auxiliado por Iago Caeiro e Javier Rey. Amonestou a Alexandre, Ferro e Fernando polo Moraña e a Marcos, Iván, Manu e Adri polo Campo Lameiro. Expulsou a Pablo Grande do Moraña C.F.

Goles: 1-0 Seydou (min. 42); 2-0 Pablo Grande (min 90+2)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario