• Segunda xornada e segunda victoria.

  • Encontro moi serio dos nosos.

Chegaba o primeiro encontro na casa desta Fase de Ascenso ante un rival difícil, como o Alertanavia. Os nosos afrontaban o partido na segunda posición trala victoria da primeira xornada, con moita confianza e ganas de seguir sumando.

Vivimos un encontro moi trabado, no que os dous conxuntos eran conscientes do que xa está en xogo. Malia as ocasións, chegouse ao descanso con 0-0.

E ata o tramo final do partido non se viron os goles. Foi David Grande o que fixo o 1-0 no minuto 79, un gol nun momento chave e que decantaba a balanza claramente do lado morañés. Internada por banda esquerda con pase a David que chega en segunda liña e bate por baixo a Mateo.
Os visitantes foron a por todas neste último tramo buscando sumar e no minuto 6 do desconto, Joaquín sentenciaba co 2-0 nun contraataque no que aproveita un rexeite para fusilar e para deixar os puntos en Moraña.

Gran traballo dos nosos nun encontro moi serio e que nos pon como líderes agora mesmo desta fase, posición que daría opción de ascenso.

Aquí vos deixamos o resto de resultados que se deron no grupo:

A próxima semana xogamos. a terceira xornada, visitando ao Goián C.F., segundo clasificado. Vamos rapaces!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, David Grande, Alberto, Pablo, Seydoy, David Dios, Ferro e Luciano. Tamén xogaron Isidro, Álvaro, Pablo Grande, Mateo e Joaquin.

C.P. Alertanavia : Mateo, Fabio, Pedro, Costa, Javi, Gabriel, Alberto, Hugo, Adrián, Gael e Pablo. Tamén xogaron Peña, Nikolaos, Jorge, Borja e Pedro.

Goles: 1-0 David Grande (min. 79); 2-0 Joaquin (min. 90+6).

Árbitro:  D. Pablo García, auxiliado por D. Adrián Tesouro e D. Javier Rey. Amonestoy a David Grande, Álvaro e Joaquín polo Moraña e a Gael, Javier, Adrián e Mateo polo Alertanavia.

Compárteo!

Deixa un Comentario