• Na cuarta xornada da Fase chega a primeira derrota.

  • O Castrelos foi xusto vencedor.

Os nosos recibían na tarde de hoxe ao Rácing Castrelos F.C. na cuarta xornada da Fase de Ascenso nunha posición destacada da táboa, pero con moitísima igualdade. O Moraña saíu con forza en busca de puntos para manter esa boa clasificación, pero o Castrelos na tarde de hoxe, foi superior.

Ao filo da media hora, Andre batía a Manu para poñer o 0-1. Un mazazo nas expectativas dos nosos, que cando aínda non dixeriran este golpe, viron como Yago facía o 0-2 só dous minutos despois. Así fomos ao descanso.

Os nosos trataron de reaccionar na segunda metade, pero o Castrelos pechaba ben os espazos e buscaba as contras para matar o encontro. O Moraña non daba atopado o camiño do gol, como sí fixo de novo Yago no 68 para deixar o partido case sentenciado co 0-3. Fixo Dyego o gol da honra para o Moraña xa no desconto.

Malia a derrota, bo esforzo dos nosos rapaces que seguen na loita e con todas as opcións. De feito, a día de hoxe todos os equipos en liza poden pelexar ese desexado ascenso. Así está a clasificación:

Aquí vos deixamos todos os resultados que se deron no grupo:

Co encontro de hoxe remata a primeira volta desta fase de ascenso. A vindeira xornada terá lugar o 24 de Abril, recibindo no Buelo ao San Adrián. Vamos Moraña!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, David Grande, Dyego, Seydou, David Dios, Ferro, Chima, Joaquin e Luciano. Tamén xogaron Caba, Abel, Pablo Grande, Álvaro e Anwaka.

Rac. Castrelos F.C.: Javier, Diego, Fernando, Antonio, GUillermo, André, David, Jose, Yago, Lucas e Sergio. Tamén xogaron Juan, Brais, Óscar, Jose e Ángel.

Goles: 0-1 André (min. 28); 0-2 Yago (min. 31); 0-3 Yago (min. 68); 1-3 Dyego (min. 90+2)

Árbitro:  D. Pablo García, auxiliado por D. Adrián Tesouro e D. Javier Rey. Amonestoy a David Grande, Álvaro e Joaquín polo Moraña e a Gael, Javier, Adrián e Mateo polo Alertanavia.

Compárteo!

Deixa un Comentario