• Volvemos a empezar por diante, pero o rival remonta.

  • O Pontellas foi moito máis efectivo.

Encontro de necesidade e de urxencias o que xogaron na tarde de hoxe no Buelo os nosos ante o equipo que o precede na clasificación, o C.D. Pontellas. Partido chave para tentar agarrarse á categoría e loitar ata o final. Pero non puido ser, de novo pola mínima os tres puntos marchan de Moraña.

Eso a pesar de que os nosos voltaron saltar ao verde con moitas ganas e moita intención. E tamén con gol: no minuto 11, Hardy remataba no segundo pao un gran centro de Pablo. Un balón que se colou pola escadra e que poñía aos nosos por diante. Pero non durou moito a alegría. Só 3 minutos despois, un saque de banda mal defendido acaba nun centro tamén ao segundo pao que Yago aproveita para batir a Rosa. 1-1 e o partido comezaba de novo.

Non estivemos moi finos na segunda metade, e pese a que o rival tampouco dispuxo de moitas ocasións, si que aproveitaron a que tiveron. Cambio de orientación que chega aos pes de Yago, aguanta de espalda e fusila a Rosa tras xirar. O Pontellas poñíase por diante e pechaba liñas para non sufrir no que quedaba de encontro. Lamentáronse os nosos dun penalti claro non pitado a Pablo que a colexiada non asubiou, pero non houbo moito máis, nova derrota pola mínima, loita, traballo pero sen premio.

Toca seguir loitando sen baixar os brazos, desfrutar o que se poida da Categoría e tentar sumar a maior cantidade de puntos. Próximo domingo teremos derbi ante o Umia C.F. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos (André, min. 84), Aarón, Pablo, Seydou, Martín, Javi, Carlos J. (Brendo, min. 84), Toral e Hardy (Álvaro, min. 68).

 C.D. Pontellas:  Antonio, Diego (Eduardo min. 58), Samu, Marcos, Adri (Tohami, min. 57), Javi, Yago (Álex, min. 72), Alberto (Luis, min. 72), Somoza (Iván min. 60), Pablo e Cabrera.

Goles: 1-0 Hardy (min. 11); 1-1 Yago (min. 15); 1-2 Yago (min. 68).

Árbitro:  Dona Beatriz Cuesta, auxiliada por D. Eric Vázquez e D. Sergio Castro. Amonestou a Martín, Carlos, Rosa e Álvaro polo Moraña e a Adri e Diego polo Pontellas.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario