• Unha nova derrota pola mínima.

  • Os visitantes remontaron o gol inicial de Martín.

Segue a Liga e seguen a chegar malas novas. E pese a que o equipo compite con todo e ante todos os rivais, nesta parte da tempada non están a chegar os resultados. Na tarde de hoxe rompimos por fin a sequía de cara a gol que xa duraba tres encontros, cun gol no minuto 6 de Martín. Pero non foi suficiente.

Antes do descanso o Ponteareas empataba no 41 por medio de Alberto. E á volta dos vestiarios, Fran Monroy batía de novo a Rosa para poñer o 1-2. Pese aos esforzos dos nosos na procura do empate, este non chegou e de novo, tres puntos que se van do Buelo e unha nova final perdida. Toca seguir, sen baixar os brazos, ninguén dixo que isto ía a ser doado. A vindeira semana enfrontámonos ante o Cambados. Veña rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Novegil, Aarón, Pablo Cancela (Hardy, min. 73), Seydou, Dyego, Martín, Javi e Álvaro N. (Álvaro B., min. 84)

S.D.J. Ponteareas:  Adrián, Gonzalo (Marcos, min. 64), Nico, Javi, Doval (Tiago, min. 88), Portas, Fran (Diego, min. 74), Carlos (Xacobe, min. 80), Rubén, Jon (Marcos, min. 46) e Alberto.

Goles: 1-0 Martín (min. 6); 1-1 Alberto (min. 41); 1-2 Fran (min. 49)

Árbitro:  Don Martín Pérez, auxiliado por D. Óscar Lista e D. Javier Vázquez. Amonestou a Martín polo Moraña e a Nico, Lino e Marcos polo Ponteareas.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario