• Dous erros defensivos, condenan aos nosos.

  • O equipo reacciona na segunda metade, pero non é suficiente.

Duelo cun rival directo da zona baixa esta tarde no Buelo, nunha das primeiras «finales» que imos a vivir durante toda esta segunda volta que comezaba hoxe. O Moraña recuperaba efectivos de cara ao encontro e precisaba dun paso adiante para sumar. Pero o encontro non foi por onde querían os nosos.

O C.D. Valladares mostrouse moito máis intenso, gañando os duelos e sendo máis fortes nas pelexas durante a primeira metade. Froito desta presión e intensidade chegou o 0-1: roubo en salida do Moraña, contraataque rápido e centro lateral para que Miguel batira a Rosa no 38. Golpe duro antes do descanso, pero que foi peor: erro defensivo que finaliza un penalti e dende os 11 metros Miguel pon o 0-2.

Tralo descanso Fabio deu entrada a Pablo Cancela e a Alexander buscando a reacción e os nosos deron un paso adiante. Comezamos a xerar perigo, xerando ocasións claras que non chegaban a cristalizar, como un cabezazo de Pablo que se marchou por pouco. Fixo Álvaro o 1-2 no 78, e pese a que o Moraña seguiu apretando e rematou o partido na área rival, non puido ser, e comezamos esta segunda volta con derrota.

A boa nova é que, pese a que volvemos caer en zona de descenso, hai moitos equipos involucrados e a poucos puntos de distancia. Toca apretar, non baixar os brazos e seguir. Próxima xornada, encontro fundamental ante outro rival directo, un histórico do fútbol galego: o Villalonga F.C. Vamos rapaces!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos (Mateo, min. 62), Novegil, Aarón, Seydou, Dyego (José, min. 24), Álvaro B. (Pablo Cancela, min. 46), Javi, Nico (Alexander, min. 46) e Álvaro N. (Mateo N., min. 78)

C.D. Valladares:  Tomás, Pablo (David, min. 68), Alberto, Iago, Vila, Diego, Miguel (Rubén, min. 79), Andrés (Mario, min. 65), Pedro (Abel, min. 73), Rubén e Heber (Martín, min. 65).

Goles: 0-1 Miguel (min. 38); 0-2 Miguel (min. 45, penalty); 1-2 Álvaro N. (min. 78)

Árbitro:  D. Adam Rodríguez, auxiliado por D. Kevin Iglesias e D. J. Luis Prendes. Amonestou a Novegil, Dyego e Alexander polo Moraña e a David Costas polo C.D. Valladares.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario