• Segunda victoria da tempada.

  • O equipo vaille tomando o pulso á categoría.

Tarde chuviosa e plomiza no Buelo para recibir a todo un líder de Preferente, o Portonovo S.D. Un partido para o que os nosos viñan traballando toda a semana e para o que plan saíu ben. O encontro comezou cun ritmo frenético, cun alto ritmo e cos dous equipos querendo mandar no verde. As ocasións non tardaron en chegar e preto estiveron os visitantes de adiantarse neste primeiro periodo en dúas claras ocasións, pero Rosa estivo inmenso para desbaratar no man a man. Seydou tivo a do Moraña, nun saque de córner na que só tiña que empuxala. Non se moveu o electrónico nesta primeira metade.

Todo seguiu igual na reanudación, cun Portonovo que buscaba facer dano sobre todo pola banda esquerda e buscando os centros laterais, e cun Moraña facendo un gran traballo defensivo. Só dous erros puntuais nesta segunda metade permitiron os remates, que non se concretaban.

E chegou o momento clave: minuto 85, balón á espalda dos centrales que Dyego controla e finaliza cruzando coa perna esquerda antes a salida de Israel. Un gol que vale tres puntos de ouro e que nos mantén na loita.

Xa con 10 puntos no casilleiro, seguimos na parte baixa pero cunha clasificación aínda máis apretada e a só 5 puntos do noveno posto. Moito por xogar, moito por decidirse e un equipo que cada encontro que pasa vaise asentando máis na categoría. Próximo domingo, viaxamos para enfrontar ao Rácing Castrelos. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos (Pablo Cancela, min. 73), Carlos, Novegil, Aarón (Carlos, min. 77), Seydou, Dyego, Martín (Álvaro, min. 92), Javi, Nico (Borja, min. 23) e Velay.

Portonovo S.D.: Israel, Lope, Diego, Hugo, Marcos, Diego, Carlos (Fran, min. 65), Pablo, Eloy (Adrián, min. 69), Juanlu (Mateo, min. 79) e Santorum.

Goles: 1-0 Dyego (min. 85).

Árbitro:  D. Juan José Silven, auxiliado por D. Alejandro Rodríguez e D. Xurxo Ferrer. Amonestou a Nico, Javi e Martín polo Moraña e a Diego polo Portonovo.

Compárteo!

Deixa un Comentario