-
Os nosos comezan a tempada con bo pé superando ao Cerponzóns C.F.
-
Un solitario gol de Javier Pazos foi suficiente para acadar a vitoria no noso feudo.
Primeira xornada do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao Cerponzóns C.F. no campo do Buelo.
Comezo da tempada 24-25 moi positivo para o Moraña, que se estrea cun triunfo como local. Foi un partido moi igualado por ambas partes que se decidiu polo acerto dos nosos de cara a gol. No minuto 18 da primeira metade, Javi abría o marcador logo de recoller un rexeite dentro da área tras unha xogada a balón parado. O Cerponzóns dispuxo dunha boa ocasión para conseguir o empate pero o seu tiro desde a frontal da área pequena marchou desviado.
Logo da reanudación, o encontro continuou con alternativas para os dous conxuntos pero sen chegar a dispoñer de ocasións realmente claras. Os nosos souberon defender a renta acadada e gardar os valiosos 3 puntos no peto.
A vindeira xornada tocaranos desprazamento a O Grove para xogar contra a S.D. Amanecer.
FICHA TÉCNICA
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Rubén Candal, Paulo Miote, Rafael Paiva (Francis Apeh, 46′), David García (Domi García, 74′), Javier Pazos, Rodrigo Cor (Gustavo De Aguiar, 57′), Damián Pereira, Breno Santos, Ousmane Sene e Dani Fontán (Kelcio Dos Reis, 84′).
Cerponzóns C.F.: Antonio Salgado, Eduardo Rivas, Francisco Fraga, Francisco Serantes, Braulio Franco, Jacobo Sineiro, Jeison Patiño (Jonathan Míguez, 57′), Sergio Rey, Rodrigo Díaz (Pablo Hermelo, 73′), Alejandro Sartal (Saúl Caamaño, 46′) e Manuel Campos (Jacobo Gondariz, 46′).
Goles: 1-0 Javier Pazos (min. 18)
Árbitro: Marcos Emilio Abalde. Amonestou a Henrico Medeiros e Dani Fontán e expulsou a Breno Santos por parte do Moraña. Tamén amonestou a Francisco Pérez, Antonio Salgado e Manuel Martínez e expulsou a Sergio Rey por parte do Cerponzóns.