• O equipo acusou as baixas

  • Cando mellor estaba o Moraña, chegou a sentencia.

Encontro duro de roer na tarde hoxe no Buelo, ante un dos «cocos» da categoría, o Atios. E un partido que os nosos afrontaban con catro baixas importantes e que se fixeron notar. Tras uns primeiros minutos nos que os nosos aguantaron ben, no 24 Aitor aproveitaba o saque dende o curruncho para facer o primeiro. Só tres minutos despois, tras un centro lateral, Manu poñía o 0-2 cun gran remate no primeiro pao. Chegamos con este 2-0 ao descanso.

Na reanudación o Moraña xogou os seus mellores minutos, acariciando o 1-2. Pero o que chegou foi o terceiro do Atios tras anotar Manu dende os 11 metros. Este gol foi un mazazo para os nosos, que vían como o encontro se poñía case imposible. Mario facía o cuarto no 69, e Cristian aproveitaba un rexeite para pechar o marcador co 0-5 definitivo.

Ninguén dixo que fose doado, e a Preferente sigue igualadísima e con moitos encontros na pelexa. Toca seguir pelexando, próxima xornada, recibimos no Buelo ao C.D. Valladares. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Rubén (Anxo, min. 54), Aarón (Mateo, min. 75), Dyego, Álvaro, Delfino, Javi, Nico (Jose, min. 69), Álvaro e Carlos (Abel, min. 83).

U.D. Atios: Sergio, Mario, Héctor, Estefan, Rubén (Cristian, min. 76), Hugo, Manu (Antonio, min. 71), Óscar (Julián, min. 65), Yago, Aitor e Vila (Iago, min. 63).

Goles: 0-1 Aitor (min. 24); 0-2 Manu (min. 27); 0-3 Manu (min. 64, penalti); 0-4 Mario (min. 69); 0-5 Cristian (min. 85)

Árbitro:  D. Alberto Rey, auxiliado por D. Alexandre García e D. Adrián Ponte. Amonestou a Carlos polo Moraña e a Héctor polo Atios. Expulsou a Martín do Moraña C.F. por doble cartón amarelo.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario