• Tras cinco xornadas puntuando, caemos de novo.

  • Os visitantes foron superiores na segunda metade.

Nova xornada ligueira para o noso Primeiro Equipo na súa viaxe pola Preferente. Un encontro no que o mister tivo que facer moitos axustes polas baixas, e o equipo resentiuse. Moitos dos automatismos e dinámicas que o equipo viña interiorizando en defensa víronse afectadas por estes axustes e o filial granate aproveitou as súas opcións.

Malia todo, o Moraña aguantou ben a primeira metade, pechando ocos pero sen xerar perigo e logrando chegar ao descanso con empate 0-0 no marcador.

Os goles chegaron tralo paso polo vestiario. Un disparo de Raúl dende fóra que toca nun xogador morañés, despista a Rosa e convírtese no 0-1. Era o minuto 48 e os visitantes comenzaban a segunda parte anotando. Con este primeiro paso as cousas puxéronselle costa arriba aos nosos, que viron como no 58 David remataba un centro no segundo pao libre de marca para facer o segundo, e no 61 Casais de cabeza sentenciaba o encontro co definitivo 0-3. 

Toca seguir traballando e remando, levantarse desta derrota e continuar na loita. Próxima parada, visitamos ao C.D. Ribadumia este xoves. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Dean, Rubén (Mateo, min. 58), Novegil, Aarón, Dyego, Delfino (Nico, min. 66), Javi, Carlos (Abel min. 77) e Velay. (Álvaro, min. 49).

Pontevedra C.F. «B».: Manu, Álex (Felipe, min. 69), Gabriel, Pablo, Pacheco, Santi (Rancaño, min. 58), Raúl (Pedro, min. 74), David, Casais (David, min. 69) , Bernardo (David, min. 58) e Sergio.

Goles: 0-1 Raúl (min. 48); 0-2 David (min. 58); 0-3 Casais (min. 61)

Árbitro:  D. Eduardo Rodríguez, auxiliado por D. Pablo Gustabad e D. Rubén González. Amonestou a Delfino polo Moraña C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario