• Un erro defensivo pon en vantaxe aos visitantes.

  • Os nosos buscaron o empate sen sorte.

Xornada 35 da Preferente, con xa só tres máis por disputar e por disfrutar desta categoría para os nosos. Recibiamos na tarde de hoxe ao Céltiga, un rival ao que os noso venceran a domicilio na primeira volta. Os da Illa viñan con ganas de revancha.
E así foi, porque no minuto 16 Vila aproveitou un desaxuste defensivo para tras aproveitar un balón rebotado no pao bater a Rosa e poñer aos visitantes por diantes. Pouco fútbol se viu nesta primeira metade, con dous rivais que non deixaban espazos. Tocaba agardar á segunda.

E nesta reanudación, os nosos rozaron o empate en varias ocasións, sendo merecedores de polo menos facer este gol da igualada. Pero a mala sorte e a falta de acerto (un dos maiores problemas desta tempada) fixeron que o Moraña non fora quen de facer ese gol que os metería no partido. Xa no desconto, aproveitando un balón largo, Nico facía o definitivo 0-2.

Vindeiro encontro ligueiro, ante o Antela o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Novegil, Aarón, Pablo, Seydou, Javi, Varo, Borja (C. Javier, min. 82 – Jose (min. 85)) e Hardy (Rubén, 90 + 2).

Céltiga F.C.:  Eugenio, Pablo, Manu (Álex, min. 65), Javi, Iago (Blanco, min. 85), David, Acha, Nico, Miguel (Lezcano, min. 31), Jorge (Jonathan, min. 75) e Vila.

Goles: 0-1 Vila (min. 16); 0-2 Nico (min 90+2)

Árbitro:  Don Rubén Fernandez, auxiliado por D. Rubén Pérez e D. David Guzmán. Amonestou a Marcos polo Moraña e a Manu, Vila, Nico e Álex polo Céltiga.

Compárteo!

Deixa un Comentario