• Un gol no desconto fai voar un punto ben pelexado.

  • A falta de acerco de cara a portería, chave.

Primeira das moitas finais que lle quedan ao noso primeiro equipo de aquí a final de Liga para acadar a permanencia, e un punto que marcha nun córner no desconto. Saíron moi entonados os nosos, conscientes de que tocaba dar un paso adiante. Controlaron ben o partido na primeira metade, xerando perigo e tendo ocasións claras. Tivemos o 1-0 nun balón que se foi ao poste e noutra ocasión cun disparo lonxano que Miguel despexou ben. Malia estas ocasións, 0-0 ao descanso.

Apretou o Verín na segunda metade, buscando reaccionar ante o empuxe local, pero o Moraña non baixou o pistón. De novo tivemos opcións de abrir a lata, cun remate de Aarón que se foi ao longueiro e outro disparo lonxano de Hardy, pero a pelota non quería entrar. Co empate case como resultado seguro, no 92 nun lanzamento dende o curruncho Jorge remata no primeiro pao, o balón da en Seydou e despista a Rosa para poñer o 0-1 que foi definitivo. Un mazazo duro e un punto ben pelexado que marcha do Buelo.

Seguimos en dinámica negativa pero con moitos puntos aínda en xogo. O equipo pelexa, loita e traballa, pero non está a ter premio. Temos que confiar neste grupo, darlle ánimo e forza e acompañalos no que queda, que promete ser moi emocionante. Próxima xornada, viaxamos a Porriño. Vamos!!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Novegil, Aarón, Pablo Cancela (Jose, min. 85), Delfino, Javi, Álvaro N. (Álvaro B. min. 79), Alexander, Hardy e Seydou.

Verín C.F.:  Miguel, Germán, Jorge, Martín, Hugo (Alberto, min. 90), Adri, Isma, Javi (Sergio, min. 61), Marcos, Enio (Carlos, min. 67) e Vilacha (Miguel, min. 77).

Goles: 0-1 Jorge (min. 90+2)

Árbitro:  Don Gabriel Polo, auxiliado por D. Miguel Pin e D. David Rodríguez. Amonestou a Álvaro, Pablo e Alexander polo Moraña e a Miguel e Sergio polo Verín.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario