• Os nosos competiron pero non foi suficiente.

  • O encontro decantouse nos últimos 10 minutos.

Xa vai quedando menos desta Liga de Preferente na que o Moraña C.F. transita esta tempada e na que, sobre todo nos últimos tempos, a historia se está a repetir. O equipo compite, da a cara e mantén o tipo, pero os resultados non acompañan. Na tarde de hoxe, ante o Ribadumia, os de Fabio saíron concentrados e moi metidos no encontro, facendo unha moi boa primeira metade. Ocasións claras de Pablo, de Varo, un tiro lonxano de Aarón… pero sen abrir a lata. Chegamos ao descanso con empate sen goles e con todas as opcións para a segunda metade.

Na reanudación a tónica era a mesma, cun Moraña replegado e que non deixaba espazos, e que dispoñía de ocasións que non materializaba
Pero a falta de 10 minutos, chegaba o gol  que poñía en vantaxe aos visitantes. Un despiste nun saque de banda fai que os visitantes saquen rápido, entren por banda e poñan un centro que Carlos tentando rexeitar mete na nosa portería. Este gol foi un mazazo, xa que tiraba por terra todo o traballo previo, pero o Moraña non se rendiu e seguiu a xerar perigo e a poñerlle as cousas difíciles ao rival. Tiveron opcións de empate Dyego e Aarón, pero o Ribadumia sentenciou no desconto co 0-2 de Diego no 94. Toca seguir competindo ata que remate a Liga, dando a cara e tentando deixar as mellores sensacións en cada encontro.

Vindeiro encontro ligueiro, ante o Cultural Areas o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Novegil, Aarón (Pereira, min. 87), Pablo (Jose, min. 79), Seydou, Dyego, Martín, Varo e Borja (Javi, min. 67).

C.D. Ribadumia:  Roberto, Adri, Martín, Lima (Iago, min. 75), Vázquez, Durán, David, Brais (Diego, min. 75), Facundo (Eloy, min. 87E, Diz (Fer, min. 67) e Pablo.

Goles: 0-1 Carlos p.p. (min. 80); 0-2 Diego (min 90+4)

Árbitro:  Don Enrique Refojo, auxiliado por D. Alberto Álvarez e D. Andrés Ferro. Amonestou a Pablo e Novegil polo Moraña e a Pablo polo Ribadumia.

Compárteo!

Deixa un Comentario