• Reparto de puntos nun encontro sen goles.

  • Segundo encontro sen marcar dos nosos en toda a tempada.

O Moraña repetía no Buelo tralo encontro da semana pasada ante o Campo Lameiro. Desta volta, recibindo ao Zacande F.C. e buscando de novo tres puntos para seguir na parte noble da táboa. O encontro comezou cun ritmo frenético, un claro encontro de ida e volta. No minuto 36, o Zacande quedou con 10 ao recibir a súa segunda amarela Edgar, e o Moraña tentou aproveitar este feito sen éxito.

Seguimos con vantaxe numérica tralo descanso, pero sen concretar o xogo e as ocasións en goles. No minuto 81, Salva derriba a un rival vendo a vermella directa, polo que o encontro rematou 10 contra 10 e sen goles. Un empate que da un punto e que nos permite seguir na segunda posicion tralo Cuntis.

A vindeira xornada viaxamos ao Grove. A prepararse con forza!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, Andrés, Dyego, Seydou, DAvid, Ferro, Alexandre e Luciano. Tamén xogaron Caba, Mateo, David Grande, Anwaka e Iván Goldar.

Zacande F.C.. : Anxo, Miguel, Jorge, Benito, Havi, José, Edgar, Pablo, Castro, Rubén e Nico. Tamén xogaron Diego, Lucas e Pablo.

Árbitro:  D. Manuel Outero, auxilidaro por D. Iago Caeiro e D. Joel Alberola. Amonestou a Seydou, Ferro, Iván Vidal e David Grande polo Moraña e a Lucas e Pablo polo Zacande. Expulsou a Salva (Moraña C.F.) e a Edgar (Zacande).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario