• Empate que vale de pouco, pero ante o líder.

  • Os nosos pelexaron a reo os 90 minutos.

Visitaba o primeiro clasificado O Buelo na tarde de hoxe, e os nosos mostraron que a pesares da posición que ocupamos na táboa, o Moraña C.F. é capaz de competir con calquera. Un encontro no que as defensas superaron aos ataques, e no que os visitantes non tomaban riscos en exceso conscientes de que están a xogar o ascenso a Terceira División e o Moraña pechaba ben os espazos para non deixar ocos.

O encontro comezou con ritmo lento, cos dous equipos ben plantados e sen xerar demasiado perigo. Pouco a pouco o ritmo foi en aumento, pero sen que en ningún momento ningún dos dous conxuntos se fixera dono do balón e do partido.

Non cambiou moito o panorama na segunda metade, cun Barbadás que buscaba tímidamente acercarse á portería de Rosa, e un Moraña que non deixaba espazos e buscaba as contras. Malia todo, non se viron goles na tarde de hoxe no Buelo e xusto reparto de puntos. Un punto que mantén ao Barbadás como líder, e aos nosos penúltimos con 22 puntos.

Próxima xornada nesta Preferente Sur o vindeiro 19 de Marzo ante o Atlético Arnoia. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Aarón, Pablo Cancela (Hardy, min. 78), Seydou, Dyego, Martín, Javi, Varo e Toral (Brendo min. 82).

U.D. Barbadás:  Borja, Marcos, David, Blanco, Marcelo, Pablo, Ramón (Saki, min. 84), Antonio, Isma, Wade Carlos (min. 70) e Dani (Brais, min. 50).

Goles:–

Árbitro:  Don Pedro Castro, auxiliado por D. Iván Abel e D. Javier Pérez. Amonestou a Javi, Martín e Brendo polo Moraña e a Ramón e Marcos polo Barbadás. Expulsou a Dyego no Moraña.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario