A categoría Cadete do Moraña C.F. caeu onte en Monteporreiro contra o equipo pontevedrés por un contundente 6-0. O equipo morañés non se adaptou en ningún momento ao encontro e nin sequera logrou abrir o marcador.

Un pequeno varapalo no penúltimo enfrontamento de preparación de cara ao comezo de Liga que será o Domingo ás 12 no Buelo. Antes, o martes, enfrontaranse ao Barro ás 20 horas. Moito ánimo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Monteporreiro 6 – 0 Moraña C.F.

Monteporreiro C.F.: Roy, Dani, Piñeiro, Fer, Moreira, Chapela, Vicente, Garrido, Jacobo, Gary, Adoni. Tamén xogaron Jorge, Juan, David, Óscar, Fran, Pablo e Tesouro.

Moraña C.F.; Manu Carracedo, Fernando, Rober, David, Marcos Vega, Pablo Ares, Pablo González, Manu Sayáns, Isma, Martín, Carlos. Tamén xogaron Andrés, Saúl, Iván, Adrián, Álex, Raúl, Héctor, Marcos F. e Christian.

Goles: 1-0 Fer (minuto 10), 2-0 Vicente; 3-0 Gary (minuto 35); Vicente 4-0 (minuto 57); 5-0 David (minuto 57); 6-0 Jorge (minuto 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario