Primeiro partido do equipo Xuvenil do Moraña C.F. nesta pretempada contra o Umia C.F. no Buelo. Un partido para quitar as primeiras conclusións e para ir preparando as pernas para a Liga, que comezará o 26 de Setembro.

O equipo adestrado por Javi Gañán mostrou moitos desaxustes na defensa e pouca fluidez  nos pases, unha situación típica nestas alturas de Pretempada pero que deben ir mellorando e correxindo co paso das semanas.

Moito ánimo a este equipo, para seguir mellorando e traballando.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. 1 – 8 UMIA C.F.

Gol marcado por Joel na Segunda Parte

Xogaron polo Moraña C.F.: Damian, Fran, Manu, Jorge, Caldas, Iago, Gago, Leis, Joel, Brais y Diego. Entraron na segunda parte, Alex, Cespón y Gabri.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario