• Os nosos caen na última xornada e non acadan o ascenso directo.

  • Este xoves comeza xa a fase de ascenso

Non puido ser. O noso Senior pelexou o ascenso directo ata a última xornada, pero ao igual que a semana pasada, perdonando en exceso, acábase pagando.

O encontro comezou xogando os nosos co aire en contra e un chisco nerviosos. Según se foron asentando, o Moraña foi gañando peso no encontro, facéndose co dominio. Tivo Santi dúas boas ocasións na primeira metade, pero non se materializaron. E Jesús, tras un remate de Chima nun córner, remata a gol, sacando Iago un pé milagroso para evitar o 0-1. Ao final do primeiro acto, 0-0.

Na segunda metade,  o encontro seguiu na mesma liña e co Moraña buscando o gol que lle daba esperanzas para seguir na disputa. Tivo Salva o gol nun remate de cabeza que se estrelou no poste, e só dous minutos despois, unha acción en banda dereita acaba nun centro que Samuel remata a gol. Foi un dous pouquísimos remates que o Marín fixo entre os tres paos, pero foi o gol que marcou o encontro.

Tras este gol, o Moraña buscou o gol á desesperada, pero o encontro foi morrendo sen que este chegara. Ao final dos 90 minutos, 1-0 e un Moraña que se queda ás portas do ascenso directo tras unha grandísima tempada.

Agora, a preparar o playoff e a dalo todo. Dende o Clube, ánimo e forza a este plantel, que nos fixo soñar con esta opción de ascenso directo ata esta última xornada. A seguir pelexando e a dalo todo!!

Ficha Técnica

Marín C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Jonathan, Julián, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Borja, Diego, Héctor, Xoel e David.

Moraña C.F.: Iago, Jose, Antonio, Juan, David, Dios, Manu, Juan, Samuel, Antonio e Diego. Tamén xogaron Alejo, Angel, Jaime, Samu e Anxo.

Goles: 1-0 Samuel (min. 64).

Compárteo!

Deixa un Comentario