• Empate no encontro adiado ante o Marcón

  • O gol de Manu neutraliza o de Cholo.

Hoxe, día de Reis, o Moraña xogaba por fin o seu encontro adiado ante o Marcón Atlético no Carrasco. Un partido que se tivo que suspender debido a casos de Covid no equipo local e que se disputou esta tarde.

Este partido estivo marcado pola igualdade entre os dous equipos sen que ningún dos dous se fixera co dominio claro do mesmo. 

Adiantou ao Moraña Cholo no minuto 36, poñendo aos nosos en vantaxe pero cunha distancia mínima que non aseguraba os puntos. Non foron quen os nosos de aumentar esta diferenza e así no minuto 74 Manu González facía o tanto da igualada ao batir a Manu Carracedo deixando o electrónico no definitivo 1-1.

Reparto de puntos que nos permite seguir preto da cabeza pero que non nos deixa aproveitar o empate entre os dous equipos que nos preceden (Cuntis e Dena). Esta fin de semana haberá xornada tamén, viaxando ás Lampáns para enfrontarse á S.D. Amanecer.

FICHA TÉCNICA

Marcón Atl.: Juan, Carlos, Dean, Manu, Aarón, Brais, Manu, Anxo, Jorge, Fran e David. Tamén xogaron Jacobo, Braña, Joaquín, Álex e Xoel.

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, David Grande, Seydou, Cholo, David, Ferro e Iván Goldar. Tamén xogaron Caba, Dani Fontán, Anwaka, Alex e Luciano.

Árbitro:  D. Borja Millán, auxiliado por D. Ismael González e D. Alfonso Barreiro. Amonestou a Manu Silva por parte do Marcón.

Goles: 0-1 Cholo (min.36); 1-1 Manu González (min. 74).

Compárteo!

Deixa un Comentario