Os Infantiles debutaron por fin en Liga tralo malentendido federativo acontecido na primeira xornada. Recibían no Buelo ao equipo filial do San Martín infantil.

Os pupilos de Alberto García xogaron un bo partido, aínda que co altibaixos. O equipo saleu moi enchufado ao encontro presionando sempre en campo rival, e mercede a ese impulso inicial, os morañeses puxéronse cun cómodo 3 a 0 xa no minuto 19. O primeiro gol foi no minuto 8, obra de Isma, aproveitando un rexeite cara a banda dun balón aéreo. O segundo fíxoo Raúl, no 14, tras un saque de falta de Rubén. No devandito minuto 19, Raúl fixo o segundo na súa conta tras un bo centro de Pablo.

Parecía que o encontro estaba encarrilado, pero tras poñerse por diante, o equipo relaxouse e os visitantes acortaron o marcador a 3 a 2 con dous goles nos minutos 23 e 25.

Estes dous tantos espolearon de novo aos infantiles, que fixeron un sprint de fútbol e goles antes do descanso. O 4-2 foi obra de David no minuto 28 finalizando un contraataque. O 5-2 fíxoo no 29 Edu, aproveitando que o porteiro non bloca un tiro de David e marcando no rechace. No 33, Raúl completa o seu hattrick, finalizando un man a man nunha xogada de contraataque, poñendo o 6-2. Ao descanso foise cun 7-2 grazas ao gol de Pereira, aproveitando o rexeite do porteiro rival no 36.

Houbo dous goles máis na segunda parte, obra de Pereira no 62 e Iván no 80, para pechar o resultado co definitivo 9-2.

En resumen, bo traballo deste equipo Infantil, que mostrou ser un bloque sólido en pretempada e promete competir duramente nesta Liga. Noraboa aos rapaces e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 9 – 2 San Martín «B»

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Christian, Sende, Rubén, Pablo (minuto 51, Dani), Pereira, Edu, David, Raúl (minuto 55, Cela), Isaac (minuto 53, Iván).

San Martín «B»: José M. (minuto 42, Javier), Francisco (Víctor, minuto 40), Brais C., Javier, Jorge, Alejandro, Luis (minuto 56, Brais M.), Adrián, Juan, Carlos, Ismael.

Goles: Raúl (3), Pereira (2), Isma, Edu, Iván e David. Polo San Martín Alejandro e Adrián.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario