Cuarta xornada de Liga Infantil e segundo partido na casa da nosa categoría Infantil. Este encontro enfrontábanos á S.D. Santomé.

Os pupilos de Alberto García, que viñan de caer por primeira vez este luns no partido aplazado co C.D. Mosteiro, saían con moitas gañas de reivindicarse tras esta derrota, e coa intención de sumar outros novos 3 puntos.

20151017131044Os morañeses saíron ao encontro moi enchufados, co seu característico ritmo alto de xogo, buscando combinacións rápidas e xogo ao primeiro toque. Pero a S.D. Santomé saiu tamén moi entonada, pechándolle os espazos e con moito perigo nos contraataques. O primeiro tempo foi moi igualado, co Moraña xerando ocasións e chegando ben, pero moi mal na finalización, sen pegada e remate.

Varias situacións de gol tiveron Pablo Cela, David, Pereira e Dani nas que non foron quen de perforar a portería visitante, e nalgúns casos, buscando rizar o rizo cun pase atrás ou recortando cando xa tiñan opción de disparo.

Abriu a lata Edu, sacando unha falta que se desviou tras dar na barreira e fixo imposible a estirada do porteiro. O Moraña C.F. facía o máis difícil, abrir o marcador. Malia a todo, os infantiles non acababan de traducir o seu dominio en goles, e un marcador tan curto era un perigo. Chegouse ao descanso co 1 a 0.

Na reanudación, o Santomé empatou o partido por medio de Yeray, no 43. Este foi o empuxón que precisaban os nosos, xa que a partires deste gol do empate, foron un vendaval. Rubén fixo o 2-1 aproveitando o rexeite dunha falta lanzada por Edu e colocando o balón na escadra visitante no minuto 45. O 3-1 foi obra de Cela que, esta vez sí, encarou ao porteiro e marcou tras recibir un boísimo cambio de orientación no 50.

Este gol foi un mazazo para o Santomé, que a partires dese momento só tentaba capear o temporal ante un Moraña desatado. Pablo Fraga fixo o 4-1 no 59 aproveitando un balón solto tralo saque dun córner, Pereira o 5-1 no 60 rematando un rexeite do porteiro, Edu o 6-1 nunha boa xogada personal pola esquerda, Sende o 7-1 tras un bo remate a un centro e pechou o marcador Iván, no 78, aproveitando un barullo na área rival.

En resumo, bo partido dos infantiles, que foron de menos a máis e que seguen mantendo unha boa liña de xogo e resultados. Queda moito por mellorar aínda, pero as bases son boas, e os rapaces están a responder con traballo e ilusión. A seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 8 – 1 S.D. Santomé

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Cela (Isaac, minuto 51), Sende, Christian, Rubén (Iván, minuto 62), Pablo Fraga, Pereira, Edu, David e Dani (Pedro, minuto 68).

S.D. Santomé: Alexandre (Gabriel, minuto 53), Luis, Carlos, Alfredo, Alberto, Abdelillah, Raúl, Víctor, Roberto, Yeray, Juan G.

Goles: 1-0 Edu (minuto 30); 1-1 Yeray (minuto 43); 2-1 Rubén (minuto 45); 3-1 Pablo Cela (minuto 50); 4-1 Pablo Fraga (minuto 59); 5-1 Pereira (minuto 60); 6-1 Edu (minuto 61); 7-1 Sende (minuto 71); 8-1 Iván (minuto 78(

Compárteo!

Deixa un Comentario