Partido tolo o xogado pola categoría Infantil do Moraña na mañán de hoxe no Buelo, no que o baile de goles no tramo final e a falta de control no xogo, fixo que o marcador fose máis parecido a un partido de tenis que a un de fútbol.

Nada parecía apuntar a este feito segundo o visto nos primeiros 40 minutos, nos que se adiantara o Salcedo ao aproveitar un rexeitamento de Iván Alexandre no minuto 9 no único erro morañés. Os nosos poñían o fútbol e o dominio, pero só lograron a igualada no minuto 28, cando Sende marcaba nunha xogada de estratexia no córner. Xusto antes do descanso chegaba o gol que lle daba a volta ao encontro, obra de Pablo Fraga no 37 nunha gran xogada de David que se incorpora ao ataque, combina con Dani e éste cede a Pablo para poñer o 2-1

Tralo paso polos vestiarios chegaba o terceiro nunha contra, obra tamén de Pablo Fraga no 48. Con dous goles de Raúl nos seguintes minutos (54 e 57) o encontro parecía pechado cun claro 5 a 1. Pero Rubén S., puxo a emoción neste último tramo de encontro, facendo o 5-2 e o 5-3 en dúas contras nas que se plantou só ante Iván. Apareceron fantasmas pasados nos Infantiles, pero Dani facía o 6 a 3 no minuto 71 aproveitando un centro dende a banda dereita. Rubén no 74 volvía a achegar aos pontevedreses, 6 a 4. Xa case no desconto chegaron os goles de Jorge para o 7-4 (min. 79) e Rubén S. no 81 para pechar o definitivo 7-5.

Partido para aprender para os nosos infantiles, no que non souberon manexar unha vantaxe cómoda e ter o control do encontro canto xa o tiñan case pechado. Lección que deben ter en conta.

O vindeiro encontro desta categoría será o enfrontamento de Copa desta semana ante a E.F. Portero 2.000 «B», con día e hora aínda por determinar.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 7 – 5 S.C.D Salcedo

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac (Jorge, min. 58), Sende (Cela, min. 49), Cristian, Rubén, Pablo Fraga, Pereira, Raúl, David e Dani.

S.C.D. Salcedo: Claudia, Unai (Ismael, min. 70), Alexandre, Andrés, Negashu, Rubén, Manuel, Alejandro, Brais, Iván e Gabriel.

Goles: 0-1 Alexandre (min. 9); 1-1 Sende (min.28); 2-1 Pablo (min. 53); 3-1 Pablo (min 48); 4-1 Raúl (min. 54); 5-1 Rubén (min. 57); 5-2 Rubén S. (min. 68); 5-3 Rubén S. (min. 70); 6-3 Dani (min. 71); 6-4 Rubén S. (min .74); 7-4 Jorge (min. 79); 7-5 Rubén S. (min. 81)

Compárteo!

Comentarios Pechados.