Os Infantiles do Moraña C.F. adiantaron o seu encontro do día 2 de Xaneiro á mañán de hoxe, disputándoo no campo de O Buelo ante a A.C.D. A Seca «B».

Os pupilos de Alberto saíron ao encontro enchufadísimos, querendo pechar o partido o antes posible xa que os puntos eran importantes de cara a manterse na zona alta da clasificación. Os morañeses pecharon durante os 40 minutos aos pontevedreses no seu propio campo, sendo donos do balón e xerando perigo contínuamente. A pesares deste dominio na primeira metade, o resultado ao descanso era de 2 a 0. O primeiro gol foi obra de Raúl, tras unha gran xogada personal de David que se vai do contrario e pon un centro dende banda esquerda que Raúl aproveita para batir ao porteiro visitante. O segundo foi obra de Pablo Fraga, rematando de cabeza un saque de falta de Rubén.

Na segunda parte, os nosos baixaron o pistón e A Seca veuse arriba, moito más metido no partido e xerando perigo continuamente. Pasaron os morañeses un tramo duro de partido nos primeiros 20 minutos da reanudación, pero a entrada de Jorge cambiou o partido. O miúdo xogador morañés xogou uns minutos de cine, facendo un Hattrick e permitindo aos seus pechar o partido. Fixo él o 3 a 0 rematando de cabeza unha segunda xogada posta por David tras saque de córner de Pereira. O propio Pereira fixo o cuarto, con asistencia do seu compañeiro no mediocentro, David, que lle da o pase para que entre polo medio da defensa rival e defina.

A Seca fixo o da honra por medio de Alexandre, aproveitando unha contra na que pon o balón por enriba de Iván. O quinto do Moraña foi obra de Jorge, remachando un centro do lado dereito, e pechou él mesmo o encontro co 6 a 1 definindo un man a man que lle habilitou Pereira cun preciso pase.

Ao final dos 80 minutos, 6 a 1 e 3 puntos máis que quedan en Moraña. Moi bo traballo da categoría Infantil como xa nos ten acostumados. Noraboa e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 6 – 1 A.C.D. A Seca «B»

Moraña C.F.: Iván, Isaac, Pablo Sende, Cristian, Rubén (Anxo, minuto 63), Pablo Fraga (Jorge, minuto 53), David, Pereira, Edu, Raúl (Pablo Cela, minuto 58) e Dani.

A.C.D. A Seca «B»: Óliver (Francisco, minuto 15), José, Ángel (Pablo minuto 54), David, Pablo, Pedro, Jon, Mario, Juan, Alexandre e Rodrigo (Ricardo, minuto 41).

Goles: 1-0 Raúl (minuto 19); 2-0 Pablo Fraga (minuto 23); 3-0 Jorge (minuto 6); 4-0 Pereira (minuto 73); 4-1 Alexandre (minuto 75); 5-1 Jorge (minuto 77); 6-1 Jorge (minuto 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario