Partido traballado por parte da nosa sección Infantil, á que lle costou moitísimo abrir a lata e facerse co partido ante un rival que se esforzou durante todo o encontro.

Os pupilos de Alberto García, que viñan de caer a anterior semana ante a Juvenil de Lérez, buscaban neste encontro reencontrarse coa victoria, e lamer as feridas desta derrota. Sairon con moita forza e sobre todo realizando un fútbol de toque de gran calidade, movendo ao rival de lado a lado e con moita paciencia na elaboración. O I.D. Pontevedra non deixaba ocos, e pechou moi ben neste comezo de partido aos nosos, que se ben xeraban perigo, non chegaban á portería con opcións claras.

Tivo o Moraña a máis clara no lanzamento dun penalti no minuto 20, pero o porteiro visitante adivinou as intencións de Pedriño, que lanzara moi ben, alto e forte. Parecía que se ía chegar co empate a cero ao descanso, pero en só dous minutos, os morañeses encarrilaron o partido, con dous goles de Jorge no 36 rematando un moi bo centro de Dani dende a banda dereita, e o propio Dani, que gaña unha disputa nun rexeite do rival e marca un gran gol. 2-0 ao descanso e partido encarrilado.

O míster moveu o banquillo co comezo da segunda metade, facendo entrar a Pereira e Pablo Fraga, buscando maior profundidade pola banda. Gracias a estes xogadores de refresco, e ao feito de que os rivales non contaban con profundidade de banquillo, o aspecto físico foi a chave que fixo que segundo avanzaban os minutos, o Moraña fose aumentando a diferencia.

0 3-0 fíxoo Dani, para poñerlle o broche de ouro a unha gran actuación, nunha xogada de contraataque que finaliza cunha vaselina ao porteiro no man a man. O cuarto foi obra de Christian, aproveitando un rexeite defectuoso nun córner e o quinto de Jorge de penalti no 63, pechando o seu doblete no día de hoxe. Pechou a conta Raúl, que levou o premio do gol despois de moito tentalo no minuto 70, aproveitando un gran pase á espalda da defensa de Pereira.

En definitiva, nova victoria dos nosos infantiles, cun gran traballo colectivo e con aportación de todos os integrantes do plantel, algo fundamental e que debemos destacar. Noraboa e a seguir traballando na mesma liña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 6 – 0 I.D. Pontevedra

Moraña C.F.: Iván, Isaac (Isma, minuto 53), Dani (Raúl, minuto 56), Rubén, Cela (Fraga, minuto 48), Jorge, David, Edu, Pedro (Pereira, minuto 41), Christian e Sende.

I.D. Pontevedra: Javier, Maicol, Andrés, Javier, Christian (minuto 41, Sebastián), Miguel, Adrián (Gabriel, minuto 41), Lucas, Abraham, Carlos, Miguel (C. Alberto, minuto 55)

Goles: 1-0 Jorge (minuto 36); 2-0 Dani (minuto 38); 3-0 Dani (minuto 55); 4-0 Christian (minuto 60); 5-0 Jorge, penalti (minuto 63); 6-0 Raúl (minuto 70).

Compárteo!

Deixa un Comentario