Os Infantiles do Moraña C.F. recibían na mañán de hoxe no Buelo á E.F. VIlla de Marín «B» na 11ª xornada de liga. Os pupilos de Alberto contaban con moitas baixas, pero afrontaban o encontro con moitas ganas de seguir na boa liña de xogo e resultados que levan nos últimos partidos.

Os morañeses saíron poñendo a clásica intensidade e bo xogo que practican, e froito deste empuxe inicial, Rubén poñía o 1 a 0 cun gran zapatazo por enriba do porteiro a asistencia dende a esquerda de Pereira.

A pesares do dominio e de xerar moitas ocasións, o Villa de Marín logrou o empate antes do descanso, ao aproveitar Eloy un balón rexeitado pola defensa e batir a Iván cun disparo que entrou lamendo o pao. Co 1 a 1 chegouse ao receso.

Na segunda parte, o Moraña impuxo o seu xogo, e fíxose co partido grazas aos goles de Pereira no 49 aproveitando un gran pase de Dani dende a banda, e pechando a conta o propio Dani que remata á rede un pase atrás dende liña de fondo de Pablo.

Ao final dos 80 minutos, 3 a 1 e tres novos puntos para os morañeses que seguen na zona alta da táboa e que os deixa esta xornada na cuarta posición. A seguir traballando nesta liña e moito ánimo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 1 E.F. Villa de Marín «B»

Moraña C.F.: Iván, Israel, Rubén, Pablo Fraga, Pereira, Edu, David, Pablo Cela, Pedriño, Dani, Jorge, Isma, Pablo e Anxo.

E.F. Villa de Marín: Manuel, Diego, Iker, Ignacio, Eloy, Iago, Daniel, Hamza, Joel, Marco, Josepth, Victor e Dani.

Goles: 1-0 Rubén (minuto 3); Eloy 1-1 (minuto 36); 2-1 Pereira (minuto 49); 3-1 Dani (minuto 57)

Compárteo!

Deixa un Comentario