Os Infantiles do Moraña recibían ao Barro C.F. no primeiro dos tres derbis que a nosa base xogaba nesta fin de semana. Os pupilos de Alberto García afrontaban o encontro con moita ilusión, e coa intención de mellorar o empate a douses logrado ante este equipo en pretempada.

O encontro comezou mal para os nosos, fríos e sen intensidade, o que fixo que os primeiros minutos fosen de acoso visitante, con ocasións claras e sen que o fluído xogo de toque dos morañeses aparecera. Adiantouse o Barro no minuto 4, aproveitando un saque de esquina ao segundo pao mal defendido, que Hugo remata a placer. Quedaba moito encontro por diante, pero este gol poñía as cousas máis difíciles.

Os nosos comezaron a entrar no encontro tras encaixar o gol, reaccionando ben e indo paso a paso facéndose co dominio do partido. Pouco a pouco, as ocasións foron chegando, pero o que non se lograba era transformar este dominio e ocasións en goles. Ata 2 balóns sacaron os de Barro sobre a liña de gol antes de que por fin, no minuto 25 Raúl aproveitase dun pase de David dende a banda e pon o balón de potente disparo na escadra esquerda da porteria rival.

Non tardou en chegar, obra tamén de Raúl no minuto 34 aproveitando un gran pase cruzado de Pereira. Con este 2 a 1 chegouse ao descanso.

O comezo da segunda parte prometía ser chave, e así foi. Esta vez quen saliu más enchufado foi o Moraña. E no minuto 42, David aproveita o rexeite do porteiro tras un tiro de Raúl e de fermosa vaselina coa esquerda establece o definitivo 3 a 1.

Tiveron os morañeses máis ocasións nesta segunda parte da que foron claros dominadores e na que impuxeron o seu fútbol. Entraron a participar Dani, o alevín Jonathan, Iván e Pedriño neste segundo acto, mantendo o nivel e permitindo que o equipo se fixese cos tres puntos.

Noraboa aos infantiles, que seguen nunha boa liña de traballo, demostrando cada semana o seu bo nivel. A seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 1 Barro C.F.

Moraña C.F.: Jorge, Isaac (Jonathan, minuto 57), Sende, Christian, Rubén, Pereira, Edu, David, Raúl (Iván, minuto 59), Cela (Dani, minuto 41) e Fraga (Pedriño, minuto 62).

Barro C.F.: Alejandro D., Manuel, Juan, Rodrigo, Mario, Diego, Alejando S., Carlos M., Hugo Amador, Evaristo (Yago, minuto 41) e Lucía (Martín, minuto 59).

Goles: 0-1 Hugo (minuto 4); 1-1 Raúl (minuto 25); 2-1 Raúl (minuto 34); 3-1 David (minuto 42)

Compárteo!

Deixa un Comentario